Que aporta o BNG para mellorar os orzamentos da Xunta para Betanzos?

"No BNG témolo claro: a situación que atravesa o Casco Histórico exixe feitos. Por iso presentamos unha emenda aos orzamentos da Xunta para que o goberno galego destine 250 000 euros a comezar a rehabilitación das casas que comprou no Casco Histórico. É unha cantidade asumíbel que dá para comezar a darlle volta á situación".

Que aporta o BNG para mellorar os orzamentos da Xunta para Betanzos?

"No BNG témolo claro: a situación que atravesa o Casco Histórico exixe feitos. Por iso presentamos unha emenda aos orzamentos da Xunta para que o goberno galego destine 250 000 euros a comezar a rehabilitación das casas que comprou no Casco Histórico. É unha cantidade asumíbel que dá para comezar a darlle volta á situación".

Betanzos, 13 de decembro de 2011. O BNG publicou un artigo, da autoría do portavoz municipal, Henrique del Río, no último número do xornal "Betanzos e a súa comarca". Nel faise unha breve análise das emendas que presentou o BNG aos orzamentos da Xunta e que teñen que ver coa nosa cidade. Polo seu interese publicámolo a seguir de xeito íntegro.

O BNG reclama á Xunta un investimento real no Casco Histórico

O Casco Histórico é unha prioridade absoluta para o BNG. Dicímolo co convencemento de que ten que ser a locomotora que tire do progreso de Betanzos, o grande atractivo que temos para xerar riqueza e emprego.
O pasado mes de maio, na campaña das eleccións municipais, o PP vendeu a ilusión dun proxecto millonario para a zona monumental. Utilizando a Xunta para os seus intereses electorais, compraron varios inmobles no Casco Histórico. Dicían que ían ser rehabilitados e postos no mercado a modo de exemplo.

En outubro, apenas cinco meses despois, o proxecto dos orzamentos da Xunta demostrou o que había de certo: uns ridículos 3000 euros para rehabilitar 11 casas. En maio o PP xa sabía que investimentos podería facer a Xunta e en apenas cinco meses pasou dun investimento millonario a ofrecer só 3000 euros para o Casco Histórico. A Xunta recoñece que a rehabilitación do Casco non é unha prioridade e o alcalde pouco menos que lles deu as grazas entrando no xogo de indicar este ou aquel amaño urxente nas casas que a Xunta do PP comprara uns meses atrás publicitando sen rubor a súa inmediata rehabilitación.

Para tapar os ridículos 3000 euros que a Xunta dá por todo investimento para o Casco Histórico- mentres, por certo, medran escandalosamente as achegas de cartos públicos ao ensino e a sanidade privadas a costa dos servizos públicos- o PP levou ao Pleno facer un novo plan integral do Casco, tentando transmitir a impresión de que fan algo por unha zona histórica que tiveron totalmente esquecida cando gobernaron Betanzos. Por certo, igual que a proposta para declarar Ben de Interese Cultural o Pasatempo: todo son declaracións e plans sen interese real nin inversión de ningún tipo en temas que tiveron totalmente abandonados durante os 4 anos do seu goberno, por certo, igual que o PSOE no tempo que gobernou.

No BNG témolo claro: a situación que atravesa o Casco Histórico exixe feitos. Por iso presentamos unha emenda aos orzamentos da Xunta para que o goberno galego destine 250 000 euros a comezar a rehabilitación das casas que comprou no Casco Histórico. É unha cantidade asumíbel que dá para comezar a darlle volta á situación.

Agora a pelota está no tellado do PP: cando voten as emendas saberemos se o Casco Histórico é unha prioridade para o PP ou se simplemente venderon fume electoralista en maio.

Que aporta o BNG para mellorar os orzamentos da Xunta para Betanzos?