Valoración de tres anos de lexislatura

As decisións do mandato foron grazas á presión veciñal e logo de anos defendendo un cambio de modelo desde o BNG, como por exemplo pór fin á ORA, frear o paseo fluvial do Mandeo que ía acabar coa Cañota e o carrizal de San Xiao, protexer a fábrica da luz ou tumbar un PXOM fóra da realidade

Valoración de tres anos de lexislatura

Polo de agora 3 anos de deixadez, de falta de proxecto e de ilusión. Marcados polo abandono do noso patrimonio en todos os sentidos, sexa o Casco Histórico, o Pasatempo, a Fábrica da Luz ou o Mosteiro das Cascas, que non deixa de ser unha oportunidade perdida. É o mandato da privatización dos servizos básicos (limpeza, cemiterio, xardinería, mantemento das rúas, etc) e tamén da falta de medidas diante do deterioro do patrimonio ambiental con verquidos, emisións, etc. Tres anos, en definitiva, sen tomar decisións.

As decisións do mandato foron grazas á presión veciñal e logo de anos defendendo un cambio de modelo desde o BNG, como por exemplo pór fin á ORA, frear o paseo fluvial do Mandeo que ía acabar coa Cañota e o carrizal de San Xiao, protexer a fábrica da luz ou tumbar un PXOM fóra da realidade, e polo tanto gañamos a oportunidade de deseñar o modelo de cidade que precisa Betanzos, que nós cremos que se asemella ao de Allariz e non ao de Miño que quería calcar o goberno local. Esperamos ver neste ano que queda por fin, un cambio cara a esquerda, unha busca de propostas e de dialogo que ate agora non vimos.


Valoración solicitada polo xornal El Ideal Gallego e publicada o 17 de xuño de 2018.