Posicionamento do BNG no Pleno de organización de 26 de xuño de 2019

O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río
O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río

Ofrecémosche os nosos posicionamentos e sentido de voto no Pleno, con enlace ao audio dos debates cando houbo debate de fondo das propostas.

Posicionamento do BNG no Pleno de organización de 26 de xuño de 2019

Ofrecémosche os nosos posicionamentos e sentido de voto no Pleno, con enlace ao audio dos debates cando houbo debate de fondo das propostas.

1.- DAR CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA DE DATA 18/06/2019 DE
NOMEAMENTOS DE TENENTES DE ALCALDE, DE DELEGACIÓN DE ATRIBUCIONS DE ALCALDIA EN CONCELLEIROS, E DE NOMEAMENTOS DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DE DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.
2.- DAR CONTA DA CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLITICOS MUNICIPAIS, DOS SEUS INTEGRANTES E VOCEIROS.

Só se comunica ao pleno os acordos da Alcaldía, non hai debate.

3.- DETERMINACIÓN DA PERIOCIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO E DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

O Pleno manterá a periodicidade mensual, celebrándose as sesións ordinarias o último martes de mes. A xunta de goberno local dúas veces ao mes. Votamos a favor.

4.- DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Votamos en contra por considerar que, por unha cuestión de transparencia e de control democrático, o Pleno debe manter todas as súas competencias en lugar de ser baleirado. Consideramos que, ademais, a maioría absoluta do PSOE garante que o goberno local poida sacar adiante todo o que leve sen obstaculizar que veciñanza e Corporación poidamos saber que asuntos tratan, dado que as actas da xunta de goberno local se nos están entregando con meses de retraso e é imposible así saber que acorda.

5.- CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DA XUNTA DE VOCEIROS

Votamos favorablemente.

6.-DESIGNACION DOS MEMBROS DAS MESAS DE CONTRATACION
7.- APROBACIÓN DE INDEMNIZACIÓNS AOS MEMBROS DA CORPORACIÓN E ASIGNACIONS A GRUPOS POLITICOS
8.- RÉXIME DE ADICACIÓNS DOS CONCELLEIROS/AS DO EQUIPO DE GOBERNO.

Nestes tres puntos fixemos unha intervención única, por ser os tres puntos relativos ás retribucións do equipo de goberno en concepto de dedicacións exclusivas e parciais, percepcións por asistencia á xunta de goberno local e a outros órganos nos que agora, por vez primeira, se pon retribucións por asistencia. 

Explicamos que cremos que os integrantes dun equipo de goberno teñen que ter unha retribución digna e acorde coa responsabilidade desempeñada pero consideramos excesiva a cantidade total que propón o PSOE. Lamentamos que, malia asegurar a alcaldesa que buscaría acordo e mesmo consenso coa oposición, a primeira nova do réxime de retribucións do goberno local chegara coa convocatoria do pleno. Desexamos que sexa proveitoso este goberno para a veciñanza, porque o que si que vai ser, é caro. 

Advertimos que non asumimos como propia a proposta por ser imposta sen ningún tipo de acordo ou negociación, por transparencia (xa que non se comunica o montante real que percibirá cada concelleira). É responsabilidade do equipo de goberno, vaino aprobar porque ten maioría. Votamos en contra.

9.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS QUE SEXAN COMPETENCIA DO PLENO.

Botamos en falta que se propoña nomear os representantes do Concello na Reserva da Biosfera, na ADL Mariñas Betanzos, na Fundación CIEC e na Fundación Globo de Betanzos e mais na Asociación do Camiño Inglés. Abstémonos.