Levamos ao Pleno o malestar veciñal pola falta de mantemento nos parques infantís

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG


Os nacionalistas recibiron queixas polo estado de conservación dos xogos do parque infantil situado a carón do antigo ambulatorio

Levamos ao Pleno o malestar veciñal pola falta de mantemento nos parques infantís


Os nacionalistas recibiron queixas polo estado de conservación dos xogos do parque infantil situado a carón do antigo ambulatorio
 
Betanzos, 8 de maio de 2017. O BNG trasladou ao Pleno o malestar veciñal pola falta de mantemento nos parques infantís do concello. O voceiro do BNG, Henrique del Río, indicou que recibiran “queixas polo estado de conservación dos xogos do parque infantil situado a carón do antigo ambulatorio”.
 
O malestar veciñal débese a que “ao bastidor dos bambáns fáltanlle topes nos remaches e amosa unha preocupante falta de estabilidade, sobre todo cando están a se empregar os xogos”. Neste sentido, cuestionou que o goberno local manteña “por semanas” esta “situación de perigo potencial” en lugar de solucionalo.
 
Ademais de requirir unha urxente reparación, as nacionalistas demandan que se revisen os restantes parques. “Semella que se espera a que se estraguen para substituílos con algunha subvención en lugar de facerlles un mantemento cotián que evite estar gastando sempre no mesmo por deixadez”, lamentou.
 
As nacionalistas indicaron que a veciñanza demandoulles a colocación de xogos infantís para menores de tres anos en máis parques. “Ao parecer, só o parque do Pasatempo ten este tipo de xogos”, explicaron, interesándose polas previsións para colocar este tipo de xogos noutros parques infantís.