Levamos ao pleno a demanda de retirada dos cascallos do vello secadoiro

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Os cascallos do secadoiro son un risco para a veciñanza”. “Queremos saber se o Concello prevé sancionar os promotores da obra”

Levamos ao pleno a demanda de retirada dos cascallos do vello secadoiro

“Os cascallos do secadoiro son un risco para a veciñanza”. “Queremos saber se o Concello prevé sancionar os promotores da obra”

Betanzos, 26 de decembro de 2016. Hai cerca dun ano comezaban as obras de demolición do antigo secadoiro de lúpulo na Avenida de Castela. No pleno do pasado martes, o grupo nacionalista trasladou a preocupación da veciñanza, molesta porque despois de todos estes meses no solar do antigo secadoiro aínda queda unha boa cantidade de entullos sen recoller.

“Os cascallos permanecen no solar sen medidas de seguridade de ningún tipo, co conseguinte risco para as veciñas e para quen por alí transita”, declaraba Henrique del Río, portavoz do BNG no Concello. As nacionalistas quéixanse da falta de información por parte do goberno, quer sobre prazos para a retirada dos entullos quer sobre a reparación das medianeiras.

“Ignoramos por que non foron retirados os cascotes ou se existen prazos para facelo”, declaraba Henrique del Río. “Tamén sería interesante saber se o Concello prevé sancionar os promotores e responsábeis da obra por esta situación”, remataba o edil nacionalista.