Insistimos na necesidade de cubrir a vacante da conserxería do Edificio Arquivo

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

O Edificio Arquivo concentra os equipamentos culturais do Concelo, polo que non cubrir a xubilación está a causar nun recorte nas actividades culturais do Concello, xa de por si escasas, posto que non se pode utilizar decote estas salas.

Insistimos na necesidade de cubrir a vacante da conserxería do Edificio Arquivo

O Edificio Arquivo concentra os equipamentos culturais do Concelo, polo que non cubrir a xubilación está a causar nun recorte nas actividades culturais do Concello, xa de por si escasas, posto que non se pode utilizar decote estas salas.

Betanzos, 8 de abril de 2017. O conserxe do Edificio Arquivo xubilouse hai dous meses, tras varios anos de prórroga. A día de hoxe, a praza segue sen cubrirse. O BNG de Betanzos preguntou no último pleno polos motivos que estarían a impedir a cobertura desta xubilación e quixo coñecer eventuais prazos para a cobertura da praza. O grupo nacionalista quixo trasladar ademais as queixas do persoal municipal, que terían que programar as actividades culturais e suplir un conserxe que non hai.

As nacionalistas xa levaran este asunto ao pleno de xaneiro, no que presentaron unha moción de urxencia, sen que o momento o goberno local teña movido ficha. O portavoz do BNG, Henrique del Río, afirma que a falta de cobertura da praza “está a causar nun recorte nas actividades culturais do Concello, xa de por si escasas, posto que non se pode utilizar decote estas salas”.

O portavoz nacionalista puxo especial énfase en recordar que a xubilación do conserxe “fora prorrogada durante tres anos e tres meses despois da xubilación do conserxe seguimos sen ningunha solución”. Para as nacionalistas, a falta de cobertura da vacante non é debida tanto á famosa “Lei Montoro”, senón ao que consideran unha “mala xestión de persoal e a falta de resposta e solucións” por parte do goberno do PSOE.
“O posto de traballo desempeñado polo conserxe implica un servizo básico, polo que que existiría excepcionalidade e prioridade para a contratación: non vemos escusa para non convocar o correspondente proceso selectivo”.

Desde o BNG betanceiro teiman en sinalar o que consideran unha “estraña política de persoal”, que permitiría a contratación en “cousas prescindíbeis, coma festas ou a lancha municipal, pero non para servizos básicos”.