O BNG propón reubicar o panel informativo na Ponte Nova

O BNG propón reubicar o panel informativo na Ponte Nova

María Otero e Henrique del Río nun Pleno

“Pola avenida da Coruña entra e sae a maior parte da xente, cara traballos, hospitais ou centros escolares. Os semáforos obrigan a circular despacio na zona e a árbore que está pegada á ponte reduciría ademais o impacto visual do panel”.

Betanzos, 27 de marzo de 2014. O BNG propuxo no Pleno ubicar o panel informativo noutro lugar aproveitando que foi retirado do Campo para unha reparación. “No Campo o panel rompe a monumentalidade da praza” explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

A nacionalista María Otero preguntou no Pleno se o executivo local ten pensado “repetir o erro do PP de situalo na praza do Campo afectando negativamente á súa estética”. Os nacionalistas propoñen colocar o panel noutro lugar onde sirva mellor ao seu cometido.

“Cremos que tería moita máis utilidade nun sitio de paso habitual de entrada e saída da cidade” engade o voceiro nacionalista. Desde o BNg recordan que “noutros concellos da área metropolitana podemos velos nos accesos aos principais núcleos de poboación”.

Por este motivo, os nacionalistas propoñen aproveitar a reparación para colocar o panel electrónico “a carón da Ponte Nova”. “Pola avenida da Coruña entra e sae a maior parte da xente, cara traballos, hospitais ou centros escolares”, explica o voceiro nacionalista. “Os semáforos obrigan a circular despacio na zona e a árbore que está pegada á ponte reduciría ademais o impacto visual do panel”, explica. “Cremos que neste emprazamento o panel cumpriría moito mellor a súa función”, enfatiza.

Os nacionalistas preguntaron ao goberno local se tiñan pensado colocar máis paneis coma o que estaba no Campo noutros accesos ao núcleo urbano.

O BNG propón reubicar o panel informativo na Ponte Nova