O BNG pide no Pleno que se retiren as honras a Fraga

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O concello de Betanzos mantén, a día de hoxe, dúas distincións que renden homenaxe a Manuel Fraga a Medalla de Prata de Betanzos, que lle foi outorgada o 11 de febreiro de 1966, e a avenida Manuel Fraga Iribarne,  distincións recoñecidas a Fraga como ministro da ditadura franquista

O BNG pide no Pleno que se retiren as honras a Fraga

Betanzos, 30 de xaneiro de 2023.- O BNG pide ao Pleno que se retiren as honras a Fraga e dea cumprimento a Lei de Memoria democrática, que ven de aprobar o goberno do Estado.

“O concello de Betanzos mantén, a día de hoxe, dúas distincións que renden homenaxe  a Manuel Fraga a Medalla de Prata de Betanzos, que lle foi outorgada o 11 de febreiro de 1966, e a avenida Manuel Fraga Iribarne. Ambas distincións recoñecidas a Fraga como ministro da ditadura franquista, e polo tanto parte do sistema represivo da ditadura”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez. “Fraga foi ministro de Información e Turismo entre 1962 e 1969,vicepresidente do Goberno e ministro da Gobernación entre 1975 e 1976”, engadiu a portavoz. 

“A nova lei de memoria democrática di que serán considerados elementos contrarios á memoria democrática as referencias realizadas en topónimos, no rueiro ou nas denominacións de centros públicos, da sublevación militar e da Ditadura, dos seus dirixentes, participantes no sistema represivo ou das organizacións que sustentaron a ditadura, e as unidades civís ou militares de colaboración entre o réxime franquista e as potencias do eixo durante a Segunda Guerra Mundial”, indicou Sánchez.  “Por tanto, resulta incuestionábel que cómpre retirarlle tales homenaxes”, concluíu. 

Desde o BNG pediron que se reúna a comisión de honras do concello para acordar  retirarlle as honras a Manuel Fraga o antes posíbel.

Prazos para a aprobación do Plan de mobilidade

O BNG pedirá tamén mañá no Pleno que o goberno local concrete os prazos para a presentación do Plan de mobilidade e as súas liñas xerais. “Pedimos que solucione de inmediato os problemas que existen na regulamentación de semáforos, na sinalización viaria, nos pasos de peóns e nos cruzamentos e que faga cumprir a regulación sobre a circulación e aparcamento no Casco Histórico co fin de acabar co caos circulatorio en que vive a día de hoxe”, indicou Amelia Sánchez.

O BNG pide no Pleno que se retiren as honras a Fraga