O BNG insistiu, nun reparto na Pescadería, na necesidade de afrontar o tema da mobilidade no Casco Histórico

Repartindo as propostas para o pequeno comercio na Pescadería
Repartindo as propostas para o pequeno comercio na Pescadería

Os nacionalistas explicaron que é necesario dar un impulso ao comercio de proximidade, incentivando a compra de produtos locais e galegos fomento o centro comercial aberto como fórmula de oferta competitiva do comercio tradicional fronte a outros formatos.

O BNG insistiu, nun reparto na Pescadería, na necesidade de afrontar o tema da mobilidade no Casco Histórico

Os nacionalistas explicaron que é necesario dar un impulso ao comercio de proximidade, incentivando a compra de produtos locais e galegos fomento o centro comercial aberto como fórmula de oferta competitiva do comercio tradicional fronte a outros formatos.

Betanzos, 15 de setembro de 2016. O BNG repartiu esta mañá na ‘pescadería’ información sobre as súas propostas para o comercio, sector estratéxico na economía de Betanzos. “No BNG apostamos polo comercio de proximidade e somos conscientes da enorme importancia que posúe o pequeno comercio, da súa potencialidade para dinamizar a economía, poñer en valor a produción propia, reinvestir a facturación, na súa maior parte, na economía local, e desenvolver un importante papel social de cohesión, dinamización e vertebración da nosa cidade”, explicaron os nacionalistas. “Por tanto, no BNG defendemos un modelo en que prime o pequeno comercio fronte ás grandes superficies comerciais, fomentar o pequeno comercio e o consumo de proximidade”.

Os nacionalistas explicaron que é necesario dar un impulso ao comercio de proximidade, incentivando a compra de produtos locais e galegos fomento o centro comercial aberto como fórmula de oferta competitiva do comercio tradicional fronte a outros formatos. “Temos que afrontar en serio o tema da mobilidade no Casco Histórico e dar propostas e solucións. Desde o BNG fumos os únicos que formulamos unha proposta e pedimos varias veces que se escoitara a veciñanza e se buscara un consenso mais parece que o goberno local prefire deixar pasar o tempo sen tomar decisión ningunha”, recordaron

“Hai meses que levamos tamén ao Pleno a recuperación e fomento do mercado municipal e zonas comercial cunha correcta sinalización e un mantemento do propio edificio así como o interese do goberno local en promover este mercado”, engadiron. 

Desde o BNG reclamaron tamén programas de axudas para a implantación ou a mellora de estabelecementos específicos que comercialicen produtos autóctonos e de produción ecolóxica e o apoio á artesanía galega, fomentando a súa formación e profesionalización.