O BNG homenaxea a Antolín Faraldo cunha ofrenda floral e un video divulgativo nas redes 

<p>Antolín Faraldo, secretario da Xunta Suprema de Galiza, ideólogo da Revolución Galega de 1846. "Na historia apréndese a liberdade".</p>

O acto de homenaxe deste ano, debido á situación sanitaria, consistiu nunha ofrenda floral. Un video nas redes sociais explica a trascendencia da figura de Faraldo.

O BNG homenaxea a Antolín Faraldo cunha ofrenda floral e un video divulgativo nas redes 

O acto de homenaxe deste ano, debido á situación sanitaria, consistiu nunha ofrenda floral. Un video nas redes sociais explica a trascendencia da figura de Faraldo.

Betanzos, 22 de agosto de 2020. O Bloque Nacionalista Galego das Mariñas homenaxeou esta mañá a Antolín Faraldo no aniversario do seu nacemento (2 de setembro de 1822) en Betanzos.

A homenaxe este ano contou unicamente cunha representación do Consello Comarcal do BNG e unha sinxela ofrenda floral debido á situación sanitaria. Amelia Sánchez, portavoz municipal do BNG brigantino, demandou "reivindicar a memoria colectiva como pobo" e "recuperar aqueles episodios" da historia que marcaron o devir de Betanzos e de Galiza. 

"No camiño que iniciou Antolín Faraldo hai 175 anos seguimos todo o movemento social que foi e é o nacionalismo galego, que hoxe encarna o BNG e que encarnaran os homes e mulleres do Rexurdimento, as Irmandades da Fala ou o Partido Galeguista" salientou Sánchez. "Debemos saber quen somos para coñecer cara a onde imos" concluíu.

 

O BNG homenaxea a Antolín Faraldo cunha ofrenda floral e un video divulgativo nas redes