BNG-Asembleas Abertas propón plantar árbores en todas as rúas onde sexa posíbel

BNG-Asembleas Abertas propón plantar árbores en todas as rúas onde sexa posíbel

As escaleiras da praza de Lanzós tamñen teñen este problema

“A nosa proposta é mellorar a paisaxe da cidade e mellorar a calidade do aire que respiramos colocando árbores nas rúas sempre que sexa posíbel”.

“Esta medida de colocar árbores en rúas e prazas pode valer para preservar variedades autóctonas de froiteiras”

Betanzos, 21 de abril de 2015. BNG-Asembleas Abertas comprometeuse a plantar árbores nas rúas, prazas e espazos públicos onde as condicións do subsolo o fagan posíbel. “Está probado que a presenza de árbores nas rúas das cidades reducen os ruídos e o pó da contaminación atmosférica” explica o candidato nacionalista á alcaldía de Betanzos, Henrique del Río.

“As árbores nas rúas e prezas aportan un benestar estético e síquico e, polo tanto, contribúen en definitiva á mellora da calidade de vida das persoas”, engadiu. Neste sentido, engadiu que facendo unha elección adecuada de variedades, evitando árbores de grande crecemento ou de floración prexudicial para as persoas alérxicas, as rúas e prazas de Betanzos “poden verse moi melloradas cun investimento mínimo”.

Ademais, desde BNG-Asembleas Abertas apostan por variedades que, ademais, non precisen a instalación de regadío ou tratamentos adicionais por non adaptarse ás condicións das rúas e do clima de Betanzos. “A maior parte das rúas e espazos públicos de Betanzos carecen de árbores ou zonas verdes e en boa parte delas se poden poñer algúns exemplares que melloren a saúde urbana e tamén a paisaxe”, engade Del Río.

Esta medida de colocar árbores en rúas e prazas pode valer para preservar variedades autóctonas de froiteiras

Neste sentido, os nacionalistas lamentan a retirada de exemplares que se levou no entorno do convento de San Domingos- co gallo das obras que aínda se desenvolven en Emilio Romay e antes- e outros puntos da cidade. “Alí onde non haxa elementos soterrados poden poñerse un par de árbores”, aseguran.

Poñer en valor o patrimonio “verde”

Os nacionalistas entenden que este patrimonio “verde” tamén pode poñerse en valor. “Esta medida de colocar árbores en rúas e prazas pode valer para preservar variedades autóctonas de froiteiras, por exemplo”, explica o candidato de BNG-Asembleas Abertas. “E poden facerse roteiros ou editar algunha publicación poñendo de relevo a riqueza botánica do noso concello”, engade.

“Para isto hai que asumir que unha maceta non é unha zona verde, que só é o último recurso cando non se poden poñer xardíns nas rúas, que é a nosa proposta”, relata. “Mellorar a paisaxe da cidade e mellorar a calidade do aire que respiramos colocando árbores nas rúas sempre que sexa posíbel”, conclúe.