BNG-Asembleas Abertas propón crear unha caixa de recursos compartidos para as asociacións

Acto do BNG-Asembleas Abertas na Condesa
Acto do BNG-Asembleas Abertas na Condesa
BNG-Asembleas Abertas propón crear unha caixa de recursos compartidos para as asociacións

Acto do BNG-Asembleas Abertas na Condesa

“Hai que facilitar que todas as veciñas e veciños, que pagan cos seus impostos a construción e mantemento destes locais sociais, poidan acceder a eles en igualdade de condicións”.

Betanzos, 11 de maio de 2015. O BNG-Asembleas Abertas propón crear unha caixa de recursos compartidos para dinamizar os locais sociais. “Sería poñer a disposición das distintas entidades recursos de propiedade municipal gratuítos no seu uso como equipos de son e proxección, cámaras,…” explicou o candidato nacionalista, Henrique del Río. Con esta medida, os nacionalistas pretenden “facilitar a organización de actividades en todos os barrios e parroquias e a todas as entidades”.

Ademais, propoñen desenvolver ao longo do ano unha programación formativa para asociacións e colectivos. “Dar os coñecementos necesarios aos responsábeis das entidades para levar a contabilidade, impostos, subvencións, trámites para a creación de asociacións,…é apoiar o traballo dos distintos colectivos e impulsar o tecido asociativo”, explica Del Río.

“Hai que facilitar que todas as veciñas e veciños, que pagan cos seus impostos a construción e mantemento destes locais sociais, poidan acceder a eles en igualdade de condicións”, explica Henrique del Río. O BNG-Asembleas Abertas defende que os horarios de uso de todos os locais sociais figuren nun apartado específico na web municipal para que calquera persoa poida solicitar o seu uso nos ocos baleiros que haxa.

Neste sentido, e para tirar o máximo proveito dos locais sociais, desde BNG-Asembleas Abertas promoverán a creación de cooperativas nos barrios e parroquias orientadas a satisfacer as necesidades básicas da veciñanza nas que poidan traballar os propios veciños e veciñas. “Cun curso para reciclar aceite usado facendo xabrón estaremos cumprindo un dobre obxectivo, por un lado reciclar, e por outro ofrecer unha alternativa laboral” explican. Para isto, os nacionalistas propoñen reconvertir edificios municipais infrautilizados para apoiar este tipo de proxectos económicos.

O BNG-Asembleas Abertas tamén aposta por achegar aos locais sociais municipais servizos que actualmente só se ofertan no centro de Betanzos. Neste sentido, apostan por promover programas de envellecemento activo nos locais sociais de barrios e parroquias en colaboración coas asociacións.

BNG-Asembleas Abertas propón crear unha caixa de recursos compartidos para as asociacións