Orzamentos municipais: 2 millóns a privatizacións e nada para investir no patrimonio histórico

Unha cidade como Betanzos non pode permitirse o luxo de fundir máis de 315 000 euros en 31 días de festexos mentres só destina 38 000 euros para algo estratéxico para Betanzos como é o patrimonio histórico-artístico.
Orzamentos municipais: 2 millóns a privatizacións e nada para investir no patrimonio histórico

O PSOE ven de aprobar os orzamentos para o 2020, logo de ter Betanzos sen contas actualizadas desde 2017 debido á súa incapacidade de falar con outras forzas, chegar a acordos e cumprir coa palabra dada.

Son 9,5 millóns de euros que atenden á fin última de seguir no goberno a costa do que sexa, pero que non resolven os problemas de Betanzos. A metade iranse nos soldos das empregadas municipais e no importante crecemento- en número e importes- dos salarios do propio goberno.

Unha cidade como Betanzos non pode permitirse o luxo de fundir máis de 315 000 euros en 31 días de festexos mentres só destina 38 000 euros para algo estratéxico para Betanzos como é o patrimonio histórico-artístico.

 

O segundo gran gasto son as privatizacións. Máis de 2 millóns de euros. rivatízano todo, do mantemento dos xardíns á redacción das actas do pleno, da limpeza das rúas a pegar cartaces, non hai programa de gasto no orzamento que non contemple fondos para contratar empresas para facer cousas que o Concello pode facer directamente.

Non hai fondos para o Pasatempo. Non hai cartos para rehabilitación do Casco Histórico

 

Do que queda, as contas do PSOE destinan 162 500 euros en subvencións a dedo para 21 entidades que o goberno elixe, sen criterios públicos de por que as escollen e por que dan a contía que asignan- e deixan 22 000 euros para unha convocatoria pública á que poden acudir as restantes 65 asociacións do Concello. Se a convocan, porque levan dous anos discriminando as asociacións sen convocalas. 
Unha cidade como Betanzos, coa taxa de desemprego que ten, non pode permitirse o luxo de fundir máis de 315 000 euros en 31 días de festexos mentres só destina 15 500 euros a políticas de fomento do emprego ou só 38 000 para algo estratéxico para Betanzos como é o patrimonio histórico-artístico. Pero esas son as prioridades do goberno de María Barral: soldos e festas.

Non hai fondos para o Pasatempo. Non hai cartos para rehabilitación do Casco Histórico. Non deixan nin un euro para axudas á rehabilitación e todo investimento que hai son unha subvención europea para poñer ledes, o convenio da Xunta para amañar a traída e o plan de obras da Deputación. Sen investimento propio. O gasto, a festas e soldos.

Levamos anos coa man tendida, ofrecendo propostas e pedindo ao PSOE unha verdadeira politica de esquerdas. E nesa vía poderán atoparnos, mais non para seguir facendo o mesmo que o PP fixo cando gobernou e o mesmo que o PP fai na Xunta.


Artigo publicado orixinalmente no xornal Betanzos e a súa comarca no seu número de xaneiro de 2020

Orzamentos municipais: 2 millóns a privatizacións e nada para investir no patrimonio histórico