O BNG cualifica o goberno do PSOE como " cen días de inactividade"


“O BNG non é responsábel do goberno, senón os veciños cos seus votos, que decidiron os seus representantes”. Os nacionalistas non aprezan un cambio significativo con respecto ao mandato do PP.

O BNG cualifica o goberno do PSOE como " cen días de inactividade"


“O BNG non é responsábel do goberno, senón os veciños cos seus votos, que decidiron os seus representantes”. Os nacionalistas non aprezan un cambio significativo con respecto ao mandato do PP.

Betanzos, 3 de outubro de 2011. O BNG valorou hoxe os 100 días de goberno en solitario do PSOE, cualificándoos de “cen días de inactividade”. Neste sentido  comparounos có goberno do PP, “no que a inactividade era a mesma nos temas que preocupan aos veciños, só que encima producíase un dispendio que non era sostible para o concello, moi contrario ao que ven sendo o discurso do propio PP”.

“O BNG non ten ningún tipo de acordo co PSOE” manifestou Henrique del Río. “O BNG non é responsábel do goberno, senón os veciños cos seus votos, que decidiron os seus representantes”, indicou, para cualificar ao PP de “mal perdedor” pola actitude que está tomando. Neste sentido, asegurou que “o PP non goberna porque non tivo a maioría absoluta, non por culpa do BNG”.

O BNG non ve un cambio significativo con respecto ao mandato do PP. Os nacionalistas censuran que non se aprezan “melloras sensibles” nin na ordenación do tráfico, nin na limpeza viaria nin no coidado do patrimonio. Tamén recalcou que o goberno do PSOE non está cumprindo o que foron as súas bandeiras electorais, como o coidado do Caso Histórico ou a política de mocidade.

Os nacionalistas reprochan a actitude que está tomando o PSOE, de costas aos veciños. Un exemplo póñeno no tema da gasolineira preto do colexio Vales Villamarín. “En vez de criticarnos, o goberno debíase pór á disposición dos veciños e informalos, que para iso son os seus representantes”, indican os nacionalistas. Actitudes coma esta, a dicir do BNG, “fan cada vez mais difícil acadar acordos puntuais, o cal debera ser preocupante para un goberno en minoría”.

Falta de vontade para negociar unhas bases para contratar persoal 

O BNG referiuse tamén á falta de iniciativa para solucionar os propios problemas creados polo PSOE. Os nacionalistas censuran a falta de transparencia no proceso selectivo do auxiliar administrativo para servizos sociais. A exclusión dos representantes dos traballadores do tribunal cualificador ou o feito de que o goberno local non publicase a convocatoria en ningún diario oficial son mostras desta falta de transparencia.

O BNG acusa ao PSOE de “falta de vontade” por non ter presentado unha proposta de bases para contratación de persoal a negociar entre os grupos. A elaboración de unhas novas bases foi un mandato unánime do Pleno a proposta do BNG, pero os nacionalistas entenden que “a proposta ten que facela o goberno”. “Aínda estamos agardando unha proposta do goberno local para negociar”, indicou o voceiro do BNG.

O BNG cualifica o goberno do PSOE como " cen días de inactividade"