pasatempo
Novas
Xosé Regueira, Mercedes Queixas e Amelia Sánchez no Pasatempo

O BNG anunciou que ven de presentar unha iniciativa no Parlamento galego para reclamar á Xunta que achegue fondos para a rehabilitación do Parque do Pasatempo

O presidente da Xunta comprometeuse a achegar fondos para rehabilitación do Parque do Pasatempo o ano pasado na súa intervención no acto do 800 aniversario e, segundo informou a alcaldesa tamén nunha reunión no mes de outubro. Pasou un ano, e seguimos agardando un compromiso real da Xunta, que ten a competencia en Patrimonio co Pasatempo

Ler novas
Novas

O BNG urxe a recuperar o Parque do Pasatempo e situalo de maneira destacada dentro do patrimonio cultural de Betanzos

O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas mostra o seu compromiso para elaborar un estudo da actual situación do Parque betanceiro  e iniciar a súa recuperación por fases. Avoga por  trasladar a vía de tráfico que divide  o parque en dúas partes  e liberalo da pasarela de ferro que dana gravemente  unha das principais grutas    

Ler novas
Novas
Concentración diante do Pasatempo

Del Río: “Hai que ver inclúe a Xunta no ámbito de protección, pero o BIC do Pasatempo é unha boa nova”

“Non teriamos chegado ao día de hoxe sen o empuxe de moitas persoas que sumaron o seu esforzo en presionar e concienciar a veciñanza, Xunta e goberno local e singularmente, non se tería chegado a este día sen a determinación da Asociación de Amigos do Pasatempo, que rexistrou a solicitude de BIC”

Ler novas
Novas
WhatsApp Image 2019-08-13 at 16.48.13

Votamos en contra dos orzamentos presentados polo goberno local pola falta de investimentos e o incremento de privatizacións

“O gasto en servizos privatizados pasa dos dous millóns de euros. En cada orzamento que aproban sube medio millón o importe de cousas que contratan á empresa privada”

O voceiro do BNG advertiu tamén de como se disparan as subvencións a dedo, outorgadas directamente polo goberno local ás entidades que elixe o goberno local sen ningún tipo de criterios públicos

Ler novas
Novas
PHOTO-2019-02-11-13-09-33

Pedimos ao goberno local que rectifique a súa proposta de orzamento para o ano 2020

“É inadmisíbel que tendo o Pasatempo pechado e a caer por exemplo non se faga un esforzo por parte do Concello que ademais é o propietario do Parque para reverter a situación, por iso pedimos ao goberno local que rectifique e presente un orzamento con altura de miras, con investimento no noso patrimonio que aposte polos servizos públicos de calidade e que trate a todos os veciños e veciñas en igualdade de condicións”

Ler novas