“NIN SE CONTEMPLA INVESTIMENTO NO PASATEMPO, NIN NO CASCO HISTÓRICO NIN PASAN DOS POUCO MÁIS DE 3000 EUROS PARA A RECONSTRUCIÓN SUBSIDIARIA DA CASA GÓTICA QUE LEVAN ANUNCIANDO DESDE 2011”

Votamos en contra dos orzamentos presentados polo goberno local pola falta de investimentos e o incremento de privatizacións

“O gasto en servizos privatizados pasa dos dous millóns de euros. En cada orzamento que aproban sube medio millón o importe de cousas que contratan á empresa privada”

O voceiro do BNG advertiu tamén de como se disparan as subvencións a dedo, outorgadas directamente polo goberno local ás entidades que elixe o goberno local sen ningún tipo de criterios públicos

Votamos en contra dos orzamentos presentados polo goberno local pola falta de investimentos e o incremento de privatizacións

“Nin se contempla investimento no Pasatempo, nin no Casco Histórico nin pasan dos pouco máis de 3000 euros para a reconstrución subsidiaria da Casa Gótica que levan anunciando desde 2011”

“O gasto en servizos privatizados pasa dos dous millóns de euros. En cada orzamento que aproban sube medio millón o importe de cousas que contratan á empresa privada”

O voceiro do BNG advertiu tamén de como se disparan as subvencións a dedo, outorgadas directamente polo goberno local ás entidades que elixe o goberno local sen ningún tipo de criterios públicos

Betanzos, 18 de decembro de 2019. O BNG votou onte en contra dos orzamentos presentados polo goberno local, debido ao incremento do gasto en servizos privatizados, a falta de investimentos claves para Betanzos e o incremento das subvencións asignadas a dedo. “Un documento elaborado sen ningún tipo de participación social que é papel mollado porque faculta á Alcaldía a modificalo cando lle pete sen pasar polo Pleno nin darlle conta”, lamentou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas cuestionaron o nulo esforzo inversor. “Todo canto investimento aparece son dúas obras de Plans Provinciais que foron incapaces de executar no seu correspondente ano e mais a aportación municipal a unha subvención europea para cambiar farolas a tecnoloxía led”, explicou Del Río. “Nin se contempla investimento no Pasatempo, nin no Casco Histórico nin pasan dos pouco máis de 3000 euros para a reconstrución subsidiaria da Casa Gótica que levan anunciando desde 2011”, advertiu.

“O gasto en servizos privatizados pasa dos dous millóns de euros”, denunciou o voceiro do BNG. “En cada orzamento que aproban sube medio millón o importe de cousas que contratan á empresa privada”, advertiu. “Privatízano todo, do mantemento dos xardíns á redacción das actas do pleno, da limpeza das rúas a pegar cartaces, non hai programa de gasto no orzamento que non contemple fondos para contratar empresas para facer cousas que o Concello pode facer directamente” abundou. “Nós defendemos a xestión directa de determinados servizos, e o goberno local do PSOE opta politicamente por privatizalos, as máis das veces, como advirte a intervención, evitando o concurso público para adxudicalos a dedo”, engadiu.

“Pero é que ademais sempre gastan por riba das súas propias previsións, como acabamos de ver na conta xeral”, apunta o edil do BNG. Puxo de exemplo os gastos en publicidade ou protocolo: nos orzamentos figuran 9600 euros para protocolo e 12 200 para propaganda, cando segundo a conta xeral gastaron 49 400 euros en protocolo e 44 900 en propaganda. “Aproban o orzamento sen vontade ningunha de cumprilo nin cinguirse ao que di, o papel aguanta do que lle poñen”, ironizou.

“Isto que fan co gasto en propaganda ou protocolo fano tamén coas festas e con outros gastos que non melloran a calidade de vida da veciñanza, pero que son moi rendíbeis electoralmente para o PSOE”, abundou. “Unha cidade como Betanzos, coa taxa de desemprego que ten, non pode permitirse o luxo de fundir máis de 315 000 euros en 31 días de pólvora mentes só destina 15 500 euros a políticas de fomento do emprego ou só 38 000 para algo estratéxico para Betanzos como é o patrimonio histórico-artístico”, cuestionou o voceiro nacionalista.

Incremento das subvencións a dedo

 

O voceiro do BNG advertiu tamén de como se disparan as subvencións a dedo, outorgadas directamente polo goberno local ás entidades que elixe o goberno local sen ningún tipo de criterios públicos. “Destinan 162 500 euros en subvencións a dedo para 21 entidades que vostedes elixen, e deixan 22 000 euros para unha convocatoria pública á que poden acudir as restantes 65 asociacións do Concello” explicou Del Río. “A lei e a Intervención advirten que a forma de repartir cartos públicos entre entidades é o procedemento aberto, onde todo o mundo pode presentarse cumprindo as bases previamente publicadas, pero vostedes saltan por riba da Lei para seguir facendo electoralismo con cartos públicos”, denunciou.

“Por certo, levan dous anos sen convocar a orde de axudas en procedemento aberto, discriminando e castigando sen posibilidade de ter fondos públicos ás entidades que non van rendir pleitesía pola alcaldía”, abundou. “É ilegal e inmoral repartir así os cartos que saen dos impostos de todas as betanceiras porque se está privando a unha parte de poder optar a recibir unha axuda pública”, censuran desde o BNG.

Incremento das horas extra para forzar ao persoal a cubrir a falta de empregadas

 

As nacionalistas advertiron tamén de que “o aumento da partida de horas extras amosa que o goberno local do PSOE pretende bordear o problema de falta de persoal do Concello de Betanzos obrigando ao persoal que hai a asumir unha carga adicional de traballo”. Del Río, lembrou que hai un tope máximo de horas extraordinarias na lexislación e que é “indecente que un partido que se di de esquerdas force esta situación en lugar de convocar procesos selectivos para cubrir as vacantes”. “Ou exprimir con horas extra ao persoal, ou privatizar servizos, esa é a política do PSOE”, resume.

Ademais, advirte que as contas amosan que o goberno local “está decidido a manter a discriminación de que dúas persoas, cos mesmos cometidos, cobren diferente segundo sexa persoal laboral ou funcionario”. Isto despréndese, asegura, do feito de que a metade do gasto de persoal- de 4,1 millóns- é para as retribucións de 40 funcionarios e a outra metade, para as de 80 empregados laborais. “Iso si, o gasto tan só nas retribucións básicas do goberno local dispárase aos 165 000 euros”, lamentan as nacionalistas.

Votamos en contra dos orzamentos presentados polo goberno local pola falta de investimentos e o incremento de privatizacións