Reclamamos ao goberno transparencia e información no relativo á elaboración da nova RPT para o persoal do Concello

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Parécenos gravísimo se tal como afirma o concelleiro de persoal aproximadamente a metade do persoal do concello queda sen praza na nova RPT”

O BNG solicitou onte todos os informes de que dispoña o goberno en relación coa negociación da nova RPT municipal

Reclamamos ao goberno transparencia e información no relativo á elaboración da nova RPT para o persoal do Concello

“Parécenos gravísimo se tal como afirma o concelleiro de persoal aproximadamente a metade do persoal do concello queda sen praza na nova RPT”

O BNG solicitou onte todos os informes de que dispoña o goberno en relación coa negociación da nova RPT municipal

Betanzos, 29 de marzo de 2018. O BNG reclamou ao goberno transparencia e información no relativo á elaboración da nova RPT para o persoal do Concello. “Despois de enterarnos a través do propio concelleiro de persoal no Pleno que a RPT que foi aprobada hai máis de 10 anos non é valida e, polo tanto, o Concello carece de Relación de Postos de Traballo, pensamos que esta situación é moi grave e esiximos ao goberno local que informe aos demais grupos con exactitude da situación e das consecuencias que pode ter para os servizos municipais”, indicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.

O BNG solicitou onte todos os informes de que dispoña o goberno en relación coa negociación da nova RPT municipal. “Vimos de solicitar todos os informes en relación con este tema en vista de que o goberno non tivo a ben en ningún momento convocarnos para informarnos da situación”, afeou o portavoz nacionalista.

“Parécenos gravísimo se tal como afirma o concelleiro de persoal aproximadamente a metade do persoal do concello queda sen praza na nova RPT, polas posíbeis consecuencias para o persoal mais tamén para o propio concello. Se non hai prazas creadas na escola infantil por exemplo, como vai o concello a cubrir as vacantes ou as posíbeis baixas do persoal?”, preguntouse Del Río.

O BNG leva anos advertindo da irregular situación do persoal laboral

Dende o BNG levamos anos advertindo de que non é de recibo manter a máis de 60 empregadas laborais do concello durante anos como laborais temporais e que o goberno estaba a facer unha xestión nefasta do seu persoal. “As consecuencias de non ter feito unha consolidación do persoal e manter aos traballadores nalgúns casos até 30 anos en claro fraude de lei vémolas agora. Moito antes de que o PP aprobara as leis que favorecen a privatización dos servizos públicos, como a Lei Montoro, desde o BNG xa reclamamos ao goberno un proceso de consolidación de emprego para regularizar a situación do persoal laboral sen obter resposta do PSOE”, engadiu del Río.

O BNG pediu informes sobre a privatización do servizo de limpeza e a contratación do patrón da lancha

Ademais o Bloque, pediu todos os informes en relación coa privatización do servizo de limpeza dos centros de ensino, despois de que o concelleiro de persoal lera unha parte do Pleno sen entregar copia aos grupos e tamén dos informes en relación coa contratación dun patrón de lancha para a Diana Cazadora. “Non entendemos como é imposíbel contratar persoal para servizos básicos como a limpeza de centros educativos mais non hai problema en contratar un patrón para a lancha municipal, sen existir praza creada nin orzamento para este fin. Entendemos que o goberno está utilizando os informes dos técnicos ao seu antollo e por iso reclamamos a información completa”, concluíu o portavoz nacionalista.

Reclamamos ao goberno transparencia e información no relativo á elaboración da nova RPT para o persoal do Concello