“AGORA, COA NECESIDADE DE MANTERMOS UNHA DISTANCIA SOCIAL DE SEGURIDADE DIANTE DA PANDEMIA, É FULCRAL GAÑAR ESPAZO PARA AS PERSOAS, RETIRAR ELEMENTOS PERIGOSOS QUE LIMITAN O ESPAZO PARA AS PERSOAS”

Demandamos no Pleno a limpeza e amaño do recinto portuario

Peirao do porto
Peirao do porto
“A falta de limpeza da zona, ademais dun problema estético evidente, contribúe a outro tipo de problemas de salubridade”, abunda o edil nacionalista. “De feito, poden ser un perigo para as persoas que a diario van polo porto, a pasear ou practicar deporte, e nomeadamente para as crianzas que pasean por el”,
Demandamos no Pleno a limpeza e amaño do recinto portuario

“Agora, coa necesidade de mantermos unha distancia social de seguridade diante da pandemia, é fulcral gañar espazo para as persoas, retirar elementos perigosos que limitan o espazo para as persoas”

Betanzos, 29 de maio de 2020. O BNG demandou no Pleno a limpeza e amaño do recinto portuario. “A zona do Porto é unha das máis frecuentadas para os paseos nestas datas de desescalada e está completamente abandonada: macetas rotas e sen plantas dentro, beiravías sen limpar, lixo tirado e papeleiras cheas e rotas, barcos tirados polo medio, apodrecidos e rotos, areas, cascallos tirados, colectores de obra enriba das beirarrúas...” indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“A falta de limpeza da zona, ademais dun problema estético evidente, contribúe a outro tipo de problemas de salubridade”, abunda o edil nacionalista. “De feito, poden ser un perigo para as persoas que a diario van polo porto, a pasear ou practicar deporte, e nomeadamente para as crianzas que pasean por el”, relata o portavoz do BNG.

O edil do BNG recordou que “esta situación vense repetindo desde hai anos e as queixas son continuas cando chega o bo tempo”. “Pero agora, coa necesidade de mantermos unha distancia social de seguridade diante da pandemia, é fulcral gañar espazo para as persoas, retirar elementos perigosos que limitan o espazo para as persoas”, recorda.

“O Concello ten un convenio con Portos para xestionar o recinto portuario, así que lle pedimos que garanta a limpeza do recinto para facelo máis seguro”, explica. Desde o BNG urxen ao goberno local a acometer un plan de mantemento e limpeza desta zona “que redundará na seguridade das persoas que a diario a frecuentan” engade Del Río.

Toma de auga para amaño e varada de embarcacións

Do mesmo xeito, as nacionalistas trasladaron ao pleno a demanda de propietarios de embarcacións para mellorar os servizos do recinto portuario. “Temos recibido numerosas peticións que se poida usar o enganche de auga da rampa que hai enfronte da depuradora” explicou o edil do BNG. Del Río demandou ao goberno local que realice as xestións precisas para que un punto de enganche de auga estea dispoñíbel para os traballos de mantemento e varada de embarcacións.

O BNG ten demandado nos últimos anos ao executivo local que se dirixira á Demarcación de Costas, Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que os peiraos que rodean a cidade precisan, mellorando a seguridade tanto para peóns como para usuarios de embarcacións.

“Hai que instalar máis escadas nos peiraos, máis norais e argollas de amarre, de maneira que os cabos non deterioren os muretes e non invadan as zonas de paseo”, relata. “Non se trata dun gran investimento, é cuestión de vontade política que redunda en máis seguridade para todos, para quen usa unha embarcación e para quen pasea polos peiraos” explica.

Demandamos no Pleno a limpeza e amaño do recinto portuario