Demandamos no Parlamento axilizar o BIC e o proxecto para habilitar o Pasatempo

Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio
Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio

O goberno local aínda non ten o proxecto redactado, tras reservar 160 000 euros para iso. Agora di que a Xunta correrá coa redacción do proxecto

Cámaras para o tráfico no Casco Histórico, pero non para vixiar o Pasatempo

Demandamos no Parlamento axilizar o BIC e o proxecto para habilitar o Pasatempo

Betanzos, 9 de outubro de 2018. O BNG presentará no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas para apremar ao goberno galego a axilizar a tramitación da declaración como Ben de Interese Cultural do Pasatempo. “Cos prazos que a lei prevé, estariamos en que non habería proxecto para rehabilitar, cando menos, ate o segundo semestre do 2020 e aínda habería que licitar a obra e executar os traballos" explican as deputadas nacionalistas. "Un prazo excesivo para garantir a conservación axeitada do parque que complica a súa conservación e, desde logo e á vista do acontecido nos últimos anos, complicará a súa rehabilitación" engaden nas iniciativas.

Desde que o procedemento se iniciou, en marzo deste ano, o goberno local "vense negando a realizar as máis elementais tarefas de conservación- entre elas tamén a reposición do mural do Estanque da Gruta que caeu en 2017- argumentando que todas as actuacións se farán da man dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio en canto se declare, de chegar o caso, BIC o conxunto do xardín histórico". "Quere dicir isto que tais actuacións elementais de conservación e profilaxe adiaranse, segundo parecer do Concello, até marzo de 2020 cando menos" lamentan as nacionalistas.

O goberno local aínda non ten o proxecto redactado, tras reservar 160 000 euros para iso. Agora di que a Xunta correrá coa redacción do proxecto

Desde o BNG chaman a atención sobre a "contradición" que hai entre esta actuación do goberno municipal betanceiro e a a "diagnose existente no propio Concello co estado de conservación do parque, pormenorizada nun anteproxecto de actuacións asinado por varios arquitectos e expertos en patrimonio xa no ano 2016, que urxía a actuar sobre problemas de filtracións, humidades, fendas e outras ameazas directas para a conservación do parque, como a estrada de circunvalación que discorre pegada a el ou a pasarela de ferro que descansa sobre o muro que parcialmente se veu abaixo".

O goberno local aínda non redactou o proxecto e agora di que é cousa da Xunta

As nacionalistas recordan que este anteproxecto taxaba en torno a 1,3 millóns de euros a rehabilitación do Pasatempo. A Deputación, desde as áreas de cooperación cos concellos, patrimonio e cultura que dirixen deputadas do BNG comprometeu o pasado 23 de marzo, 598.998,40 euros. O Concello aprobou unha modificación do orzamento hai dúas semanas para incluír 200 000 euros para as obras de rehabilitación do parque. "Porque, contra todo o que dixeron o PSOE e os seus aliados, nas contas non había fondos para esa obra", asegurou o voceiro do BNG, Henrique del Río, no Pleno. "Os orzamentos municipais prevían 160 000 euros para a redacción do proxecto de rehabilitación, que agora din que non fai falla porque aseguran que a Xunta, a través de Patrimonio, se comprometeu a redactar sen custo", explica Del Río.

Cámaras para o tráfico no Casco Histórico, pero non para vixiar o Pasatempo

Por este motivo, o BNG pedirá no Parlamento que a Xunta aclare se existe este compromiso e en que termos e condicións se acordou, ademais de demandar novamente que a Xunta dispoña da partida necesaria para completar o 1,3 millóns de euros da rehabilitación do recinto, ao que se negou o PP ao tumbar unha emenda ás contas do BNG nese sentido este ano.

Cámaras para o tráfico no Casco Histórico, pero non para vixiar o Pasatempo

“En marzo de 2017 propuxemos ao Pleno, entre outras medidas para poñer en valor o Pasatempo, valorar a instalación de medidas de vixilancia”, recorda Del Río. “O goberno e os seus aliados descualificaron o noso paquete de medidas para o Pasatempo, caricaturizándoo como 'ocorrencias'”, lembra, recordando que ao pouco decidiron gastar máis de 30 000 euros en poñer cámaras para regularizar o tránsito rodado nas rúas peonís do Casco Histórico. “A prioridade non é conservar o patrimonio, queda claro”, lamenta. "Pedímoslle ao goberno local que o reconsidere", conclúe.

Demandamos no Parlamento axilizar o BIC e o proxecto para habilitar o Pasatempo