“NON ME EXPLICO É COMO TEMOS QUE COMPRAR EQUIPAMENTO NOVO TENDO UN ESTUDO PARA A RADIO COMPLETAMENTE NOVO, A ESTRAR, NAS ESCOLAS DO ASILO, QUE NOS CUSTOU A TODAS 73 000 EUROS DUN PLAN ANTICRISE” "EMITIR OS PLENOS E REABRIR A RADIO É UNHA CUESTIÓN DE VONTADE POLÍTICA, DE TRANSPARENCIA, NO SÉCULO DE INTERNET NON HAI MÁIS IMPEDIMENTO PARA FACELO QUE A DECISIÓN POLÍTICA DO PSOE DE DEIXAR DE FACELO, DESDE QUE CAMBIAMOS DE ALCALDE, PARA TRATAR DE CONTROLAR ABSOLUTAMENTE O QUE SAE DA SALA CAPITULAR"

Demandamos ao goberno local que cumpra os acordos do Pleno e reabra a radio municipal

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“non me explico é como temos que comprar equipamento novo tendo un estudo para a radio completamente novo, a estrar, nas Escolas do Asilo, que nos custou a todas 73 000 euros dun plan anticrise”

"Emitir os plenos e reabrir a radio é unha cuestión de vontade política, de transparencia, no século de internet non hai máis impedimento para facelo que a decisión política do PSOE de deixar de facelo, desde que cambiamos de alcalde, para tratar de controlar absolutamente o que sae da Sala Capitular"

Demandamos ao goberno local que cumpra os acordos do Pleno e reabra a radio municipal

“non me explico é como temos que comprar equipamento novo tendo un estudo para a radio completamente novo, a estrar, nas Escolas do Asilo, que nos custou a todas 73 000 euros dun plan anticrise”

"Emitir os plenos e reabrir a radio é unha cuestión de vontade política, de transparencia, no século de internet non hai máis impedimento para facelo que a decisión política do PSOE de deixar de facelo, desde que cambiamos de alcalde, para tratar de controlar absolutamente o que sae da Sala Capitular"

Betanzos, 4 de decembro de 2018. O BNG demandou ao goberno local que cumpra as numerosas mocións aprobadas ao longo deste e o anterior mandato e reabra a emisora municipal. “Aínda no último pleno aprobouse a enésima moción sobre este asunto, pedindo que se reabra como unha emisora comunitaria”, recordou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas pedían na súa proposta que se garantise a independencia da emisora municipal e da web e redes sociais do Concello. "Pagámolos todas as veciñas, para que se nos informe veridicamente do que hai no Concello" explica o edil do BNG. "Unha cousa é informar e outra facer propaganda, unha cousa é difundir a programación oficial do Concello e outra moi distinta que estes medios que todas pagamos se usen para que o goberno local faga propaganda política ou mesmo ataque a outros grupos por disentir das súas propostas ou proxectos", puntualiza.

Neste sentido, as nacionalistas lamentan que "desde que o PSOE fixo a remuda na alcaldía e o lanzamento da súa campaña electoral o goberno local apagou o pouco que quedaba da radio municipal (os plenos) cunha excusa de moi mal pagador". O voceiro do BNG recorda que "Miño e Bergondo, sen ir máis lonxe, emiten en directo vía internet os seus Plenos, é só colocar unha cámara na Sala Capitular porque os traballadores da radio municipal xa asisten aos Plenos", explica suliñando que isto non supón pagar máis salarios ou afrontar máis gastos.

Desde o BNG cuestionan a versión ofrecida polo goberno do PSOE no pleno de novembro. “en resposta a unha pregunta nosa de setembro, Dixeron que cortaron a emisión a causa de problemas técnicos cunhas liñas de cobre que supostamente xa non existen, e adían a volta da radio ás ondas a comprar equipamento novo para a radio, algo que non figuraba nos orzamentos”, explica Del Río. “Xa están dicindo que non pensan abrir a emisora novamente”, engade.

“O que non me explico é como temos que comprar equipamento novo tendo un estudo para a radio completamente novo, a estrar, nas Escolas do Asilo, que nos custou a todas 73 000 euros dun plan anticrise” lembra o edil nacionalista. "Emitir os plenos e reabrir a radio é unha cuestión de vontade política, de transparencia, no século de internet non hai máis impedimento para facelo que a decisión política do PSOE de deixar de facelo, desde que cambiamos de alcalde, para tratar de controlar absolutamente o que sae da Sala Capitular", abundan desde o BNG. "Dicir que se fan públicos porque se colgan aos dez días na web municipal, cando os asuntos xa están resesos e perderon actualidade, é rirse da xente", conclúe Del Río.

Demandamos ao goberno local que cumpra os acordos do Pleno e reabra a radio municipal