Cuestionamos que o goberno local non invista un só euro en axudas á rehabilitación

O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico
O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico

"Nos orzamentos do pasado ano figuraba unha partida para subvencións na rehabilitación do Casco Histórico e a pesar de que era un dos investimentos estrela o certo é que a conta xeral amosa que non se tocou un só euro nese cometido"

“Temos un proxecto baseado na preferencia peonil, na rehabilitación e na dotación de novos servizos, na posta en valor do patrimonio e a dinamización económica do Casco Histórico e vimos presentando numerosas iniciativas nesta liña como mocións, suxestións a normativa municipal ou emendas aos orzamentos”

Cuestionamos que o goberno local non invista un só euro en axudas á rehabilitación

"Nos orzamentos do pasado ano figuraba unha partida para subvencións na rehabilitación do Casco Histórico e a pesar de que era un dos investimentos estrela o certo é que a conta xeral amosa que non se tocou un só euro nese cometido"

“Temos un proxecto baseado na preferencia peonil, na rehabilitación e na dotación de novos servizos, na posta en valor do patrimonio e a dinamización económica do Casco Histórico e vimos presentando numerosas iniciativas nesta liña como mocións, suxestións a normativa municipal ou emendas aos orzamentos”

Betanzos, 10 de xullo de 2018. O BNG levou ao Pleno a falta de execución das partidas para subvencións á rehabilitación de vivendas no Casco Histórico en 2017. "Nos orzamentos do pasado ano figuraba unha partida para subvencións na rehabilitación do Casco Histórico. "A pesar de que era un dos investimentos estrela- a xulgar pola propaganda do goberno e dos grupos que apoiaron as contas- o certo é que a conta xeral amosa que non se tocou un só euro nese cometido" explican desde o BNG.

O voceiro nacionalista, Henrique del Río, demandou ao executivo local que explique se "consideran que non é necesario ter este tipo de axudas aínda que sexan só a conta dos orzamentos municipais, como aprobaron a iniciativa do BNG".

Temos un proxecto baseado na preferencia peonil, na rehabilitación e na dotación de novos servizos, na posta en valor do patrimonio e a dinamización económica do Casco Histórico e vimos presentando numerosas iniciativas nesta liña como mocións, suxestións a normativa municipal ou emendas aos orzamentos

As nacionalistas cuestionan que o goberno local non teña "unha política decidida para rehabilitar o maior activo patrimonial da cidade". "Desde 2012 non hai ningunha liña de axudas para a rehabilitación de vivendas no Casco Histórico, e a situación que atravesa empeora co paso do tempo", explican.

“No BNG temos moi claro cal é o modelo a seguir para noso Casco Histórico, miramos para Allariz con envexa sa”, explica Del Río. “Temos un proxecto baseado na preferencia peonil, na rehabilitación e na dotación de novos servizos, na posta en valor do patrimonio e a dinamización económica do Casco Histórico e vimos presentando numerosas iniciativas nesta liña como mocións, suxestións a normativa municipal ou emendas aos orzamentos”, explica Del Río.

“O goberno local carece dunha aposta decidida no valor do patrimonio como vector de desenvolvemento económico e asume como algo normal a carencia de servizos e dotacións comúns noutras partes da cidade chamando á xente á resignación”, lamenta. “Un Casco Histórico ten que ser un barrio vivo, non pode pechar ás oito e media da tarde cando baixa a reixa o último comercio da rúa Travesa”, exemplifica.  “Organizar catro eventos ao ano no Casco Histórico non soluciona nada se non se fan políticas de vivenda decididas”, engade.

Neste sentido, no BNG lamentan que este fose “un mandato perdido para recuperar o que ten que ser a locomotora que tire de Betanzos”. “Levamos debatendo e falando de plans integrais, plans de rehabilitación e outros documentos sen que se faga nada, adiando calquera decisión, calquera actuación a ter estes plans e mentres o Casco Histórico continúa o seu declive imparábel”, explican.

Cuestionamos que o goberno local non invista un só euro en axudas á rehabilitación