O BNG volve ao tren para reclamar servizos de proximidades

“O modelo de mobilidade que nos deparan PSOE e PP é o do coche particular, por estradas que non teñen capacidade suficiente para encaixar tanto tráfico a pesar das sucesivas ampliacións, como é o caso da N-VI cara A Coruña”.

Betanzos, 30 de outubro de 2011. O BNG celebrou onte unha viaxe en tren entre Ferrol e A Coruña para reclamar o establecemento dun tren de cercanías. Desde a cidade departamental até A Coruña, militantes e simpatizantes nacionalistas foron subindo nas distintas estacións e apeadeiros para poñer de manifesto que a actual infraestrutura ferroviaria pode comunicar as dúas áreas metropolitanas e as comarcas intermedias sen que sexa necesario realizar grandes investimentos.

Logo da chegada á Coruña celebrouse un acto público na praza da estación de San Cristóbal, no que tomou a palabra o candidato do BNG ao Congreso, Francisco Jorquera. “O modelo de mobilidade que nos deparan PSOE e PP é o do coche particular, por estradas que non teñen capacidade suficiente para encaixar tanto tráfico a pesar das sucesivas ampliacións, como é o caso da N-VI cara A Coruña”, declarou Henrique del Río, portavoz do BNG de Betanzos.

O BNG volve ao tren para reclamar servizos de proximidades