O BNG trasladou de novo ao Pleno a necesidade dun sistema de recollida de papel e cartón no Casco Histórico

Imaxe do vertedoiro a carón do encoro de Cecebre, en Piadela
Imaxe do vertedoiro a carón do encoro de Cecebre, en Piadela

Actualmente para poder depositar o cartón teñen que levalo até o comezo da rúa Fonte de Unta ou á Ribeira”.

Ademais  o BNG denunciou tamén a existencia dun vertedoiro ilegal en Piadela á beira do encoro de Cecebre.

O BNG trasladou de novo ao Pleno a necesidade dun sistema de recollida de papel e cartón no Casco Histórico

Betanzos, 3 de febreiro de 2021. O BNG trasladou de novo ao Pleno a necesidade dun sistema de recollida de papel e cartón no Casco Histórico. “A veciñanza e os comerciantes do Casco Histórico trasladáronnos a necesidade dun sistema de recollida de papel e cartón para facilitar a reciclaxe, como se ten trasladado xa a este Pleno”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. “Actualmente para poder depositar o cartón teñen que levalo até o comezo da rúa Fonte de Unta ou á Ribeira”, engadiu. 

O BNG preguntou ao goberno local que dificultades hai para articular un sistema de recollida de cartón no Casco Histórico. “A solución, se como afirma o goberno local o problema é o tamaño dos camións de lixo do Consorcio, podería ser un sistema de recollida porta a porta para facer a recollida polas rúas do Casco”, propuxo a portavoz nacionalista.

Vertedoiro á beira do encoro de Cecebre

Ademais  o BNG denunciou tamén a existencia dun vertedoiro ilegal en Piadela á beira do encoro de Cecebre. “Nas últimas datas téñennos trasladado a existencia dun vertedoiro ilegal de materiais de construción en Piadela á beira do encoro de Cecebre. Ten o goberno local coñecemento deste vertedoiro? Que prazos manexa para poder retiralo?”, preguntou Amelia Sánchez. 

O BNG trasladou de novo ao Pleno a necesidade dun sistema de recollida de papel e cartón no Casco Histórico