O BNG pediu no Pleno unha campaña de limpeza integral e posta en valor dos lavadoiros e fontes

lavadeiro betanzos

Amelia Sánchez: “A maior parte dos nosos lavadoiros presentan un preocupante estado de abandono e de falta de limpeza”

O BNG pediu no Pleno unha campaña de limpeza integral e posta en valor dos lavadoiros e fontes

Betanzos, 28 de maio de 2021. O BNG pediu no Pleno unha campaña de limpeza integral e posta en valor dos lavadoiros e fontes. “Os lavadoiros e fontes forman parte do noso patrimonio tradicional e, como tales, deben ser obxecto de especial coidado e protección. A maior parte dos nosos lavadoiros presentan un preocupante estado de abandono e de falta de limpeza”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. “Asemade, algúns deles pararon de botar auga polos canos ao se perderen os mananciais polos atascos das tubaxes ou polas ribadas”, engadiu. 

Desde o BNG pediron, polo tanto, unha campaña de limpeza integral nos lavadoiros e fontes de Betanzos. “Nesta mesma liña, son varios os lavadoiros que presentan tellados de uralita con amianto nun estado moi deteriorado”, engadiu a portavoz nacionalista, “quen pediu ao goberno local que elimine este tipo de material, altamente contaminante para o medio ambiente e para as persoas dos lavadoiros do noso termo municipal”. 

O BNG pediu no Pleno unha campaña de limpeza integral e posta en valor dos lavadoiros e fontes