O BNG DEFENDE A XESTIÓN DIRECTA POR PARTE DO CONCELLO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Absterémonos no Pleno para facilitar unha solución ao problema do SAF

quique meli
Henrique del Río e Amelia Sánchez

“Non é o modelo que defendemos o da xestión privada do servizo, pero entre que o xestione unha empresa e non ter servizo en absoluto como leva pasando estes anos, eliximos a mellor opción para a nosa veciñanza”

ía sendo moita hora de que o goberno local actuase, aínda que chega moi tarde a súa reacción”.

Absterémonos no Pleno para facilitar unha solución ao problema do SAF

“Non é o modelo que defendemos o da xestión privada do servizo, pero entre que o xestione unha empresa e non ter servizo en absoluto como leva pasando estes anos, eliximos a mellor opción para a nosa veciñanza”

ía sendo moita hora de que o goberno local actuase, aínda que chega moi tarde a súa reacción”.

Betanzos, 16 de setembro de 2019. O BNG anunciou a súa abstención no pleno que o Concello de Betanzos celebrará mañá para abrir o proceso de selección para un novo contrato do servizo de axuda no fogar (SAF). “Non é o modelo que defendemos o da xestión privada do servizo, pero entre que o xestione unha empresa e non ter servizo en absoluto como leva pasando estes anos, eliximos a mellor opción para a nosa veciñanza”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Non é o modelo que defendemos, pero entre que o xestione unha empresa e non ter servizo en absoluto como leva pasando estes anos, eliximos a mellor opción para a nosa veciñanza”

Para as nacionalistas “ía sendo moita hora de que o goberno local actuase, aínda que chega moi tarde a súa reacción”. Neste sentido, Del Río recorda que “este mes de setembro houbo usuarias do servizo de axuda no fogar que estiveron até 4 días, en medio mes, sen atención por parte da empresa e sen preaviso de que ían quedar desatendidas”.

O portavoz municipal do BNG insiste en que “convén non perder de vista que as usuarias do SAF son boa parte das persoas máis vulnerábeis da nosa veciñanza”. Recalca que estar estas persoas sen atención supón que “persoas dependentes que precisan axuda para facer as cousas de casa, persoas de avanzada idade que non se puideron levantar da cama varios días porque a empresa non enviou unha auxiliar ao seu domicilio, familias que contaban con que chegara unha auxiliar para facer o xantar cun maior sentado á mesa e aproveitar para baixar ao super....”

Neste sentido, o edil nacionalista explica que “contáronnos que mesmo teñen que contratar servizos doutras empresas privadas para que asuman o que, en teoría, tiña que facer o servizo municipal de axuda no fogar pero que obviamente deixa sen facer”. É moi grave porque non reciben o servizo público, que ademais están pagando, e as familias que poden vense obrigadas a contratar un servizo privado para cubrilo, mentres quen non pode non recibe axuda ningunha e nin sequera unha chamada” denuncian. “O goberno local debería aclarar tamén que pensa facer nestes casos e como vai compensar este gasto adicional que provocou ás familias por non resolver o problema”, abundan.

O BNG defende a xestión directa do servizo

Defendemos que o servizo sexa prestado directamente polo Concello, como fan outros municipios. “Garantimos un servizo de calidade e un emprego digno ás auxiliares”, engade o voceiro do BNG.

Absterémonos no Pleno para facilitar unha solución ao problema do SAF