taxas
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG denunciou a intención do goberno local de subir a auga para o vindeiro ano nun momento de crise económica como o que estamos vivindo

"Parécenos tremendo que xusto no peor momento despois de meses de ertes e peches no caso dos comercios, se suban as taxas o IPC dos últimos 3 anos"

Desde o BNG pedimos que o goberno asuma o custo desta subida para as familias máis necesitadas ou para os negocios que máis están sufrindo a crise como a hostalería que ademais teñen un alto consumo de auga e que se estude dunha vez por todas a opción de xestionar directamente o servizo de subministro de auga e depuración de augas residuais

Ler novas
Novas

Pedimos no Pleno que se cobre a taxa polos cableados nas rúas

“Betanzos ten regulada esta taxa desde que a aprobou o Pleno en outubro de 2011, a iniciativa do BNG, mais segundo explicou varias veces o concelleiro-delegado de Facenda, non se podía cobrar até o de agora porque as empresas tiñan estas taxas recorridas nos xulgados”

Ler novas