fabrica-da-luz
NOVAS
Levamos a situación da Fábrica da Luz ao último Pleno do mandato

Levamos a situación da Fábrica da Luz ao último Pleno do mandato

O BNG demandará no Pleno que o Concello inicie urxentemente a revisión das normas subsidiarias en vigor para eliminar calquera posibilidade de construír bloques de pisos sobre a fábrica da luz

"Pedimos que o Concello mude de provedor, que a eléctrica acuse na súa conta de beneficios a consecuencia de querer deixarnos sen un edificio único no país coma este"

Ler novas
NOVAS
Celebramos a catalogación da Fábrica da Luz, tras décadas solicitándoo

Celebramos a catalogación da Fábrica da Luz, tras décadas solicitándoo

Durante anos defendimos en solitario que era un ben digno de ser conservado, hoxe a postura é maioritaria e até quen quería plegarse aos intereses da eléctrica recoñecen o valor do edificio. O Pleno acordou, por iniciativa do BNG, que o Concello actúe directamente para garantir a conservación deste edificio único e agora hai unha protección legal definitiva para o edificio, acabáronse as excusas

Ler novas
NOVAS
Demandamos actuacións contundentes e inmediatas para salvar a Fábrica da Luz

Demandamos actuacións contundentes e inmediatas para salvar a Fábrica da Luz

“Facer ver que cunha multa de 5000 euros vai virar a vontade dunha empresa que só do Concello de Betanzos leva medio millón é unha broma macabra”

“Temos aí diante o exemplo da Casa Gótica para comprobar que as multas coercitivas non garanten a conservación do patrimonio, sobre todo se son de contías ridículas para o destinatario, como é o caso”

Ler novas
NOVAS
Demandaremos no Pleno que se executen subsidiariamente os traballos de conservación da Fábrica da Luz

Demandaremos no Pleno que se executen subsidiariamente os traballos de conservación da Fábrica da Luz

O BNG pedirá novamente ao goberno local que se dirixa formalmente á eléctrica para negociar adquisición da factoría. Se non hai acordo, pedirán que se expropie o inmoble para rehabilitalo e abrir nel equipamentos sociocomunitarios

“Coa adquisición da Fábrica da Luz realmente estase ordenando a beira do Mendo, recuperando o patrimonio, creando equipamentos e freando a especulación dunha multinacional”

Ler novas
NOVAS
Denunciamos que o goberno local tramita dende hai dous meses un expediente de ruína para a fábrica da luz

Denunciamos que o goberno local tramita dende hai dous meses un expediente de ruína para a fábrica da luz

O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”

“A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”

Ler novas
NOVAS
Urximos á Xunta a tomar medidas para garantir a conservación da Fábrica da Luz

Urximos á Xunta a tomar medidas para garantir a conservación da Fábrica da Luz

Desde o BNG recordan á Xunta que o edificio da fábrica da luz conta, por decisión do goberno galego, con nivel de protección integral.

“Se a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural di que ‘é urxente a consolidación da estrutura da cuberta e dos cerramentos do edificio da fábrica de electricidade’, o goberno galego terá que adoptar medidas para cumprir as súas disposicións”

Ler novas