educación
Novas
cole2

Propoñemos que a biblioteca municipal abra cun servizo de préstamo a domicilio

“Tras o período de préstamo, recolleríanse, desinfectaríanse novamente e volveríanse poñer na biblioteca a dispor de calquera outra persoa con todas as garantías sanitarias”

As nacionalistas propoñen, ademais, que o Concello distribúa nos domicilios de escolares en risco ou situacións de exclusión social lotes de material escolar (folios, cadernos, pinturas en distintos formatos) para poder sobrelevar a situación de confinamento e realizar tanto tarefas escolares como de lecer creativo.

Ler novas
Novas

Exixiremos no Pleno solucións ás filtracións de chuvia no interior do aulario

O BNG rexistrou no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas exixindo á Xunta que aclare os motivos polos que se filtra a auga da chuvia ao interior do edificio e mais urxen prazos concretos para poñerlles fin definitivamente.


“Resulta lamentábel ver como Xunta e goberno local corren a culparse mutuamente, esquecendo as súas obrigas co mantemento do centro para ofrecer un ensino público de calidade, e mentres se descualifican mutuamente, as nosas fillas padecen as deficiencias do centro”

Ler novas
Novas
BNG; Betanzos;
17-novembro-2018;

Levaremos ao Pleno unha solución para o problema do conservatorio

“É moi grave que nun ensino regrado, como o conservatorio, o alumnado estea sen profesorado, sobre todo se ten causa unicamente na mala xestión de quen xestiona e dirixe o centro educativo. Isto está a ocasionar graves prexuízos ao alumnado, que perdeu xa un trimestre”

“Queremos saber as causas concretas que levan a esta situación, queremos poder dar unha resposta á xente que nos ten transmitido as súas queixas pola situación do servizo e, sobre todo, queremos darlle unha solución ao problema. Pero tamén queremos saber por que o goberno local non informou sobre esta situación, as súas causas e consecuencias”

Ler novas