comercio
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG pedirá no Pleno poñer en marcha un plan de dinamización e impulso do comercio local

Insistirá no Pleno na necesidade de poñer en marcha un plan de dinamización e impulso do comercio que contemple: o desenvolvemento e plena implementación do centro comercial aberto de Betanzos conforme ao seu plan estratéxico, a posta en marcha dun banco de locais comerciais ou a posta en marcha dun mercado virtual que permita comprar en Betanzos a través de internet e poñer nas casas do cliente final o produto.

Ler novas
Novas

Redeseñaremos a feira para levala a máis prazas da cidade

"Queremos poñer en valor os elementos patrimoniais, históricos e culturais, da feira, dun mercado que se remonta á Idade Media e que chega á era de internet"

Cunha zona de estacionamento específico para os feirantes poderán instalar os postos, facer a feira e recoller tendo garantido un lugar para aparcar as furgonetas, liberando o espazo que ocupan nas rúas do centro

Ler novas
Novas

Propoñeremos no Pleno unha campaña de apoio ao comercio de proximidade

As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.

Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos.

Ler novas