centro-de-saude
NOVAS
Denunciamos a supresión do servizo de pediatría polas tardes

Denunciamos a supresión do servizo de pediatría polas tardes

“Até agora había atención dous días pola tarde, mais agora quedan suprimidas porque o SERGAS non cubre os permisos, unha vez máis. Di o SERGAS que até marzo, pero que garantía hai?"

As nacionalistas anunciaron que trasladarán este tema ao Parlamento galego e reclamarán ao SERGAS que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal

Ler novas
NOVAS
Levaremos ao Pleno a situación do PAC e o centro de saúde do Carregal e as deficiencias no servizo sanitario

Levaremos ao Pleno a situación do PAC e o centro de saúde do Carregal e as deficiencias no servizo sanitario

O BNG pedirá o apoio do Pleno para esixir ao goberno galego que substitúa a xornada completa aos profesionais do centro de saúde do Carregal cando falten a consecuencia de baixas, vacacións, licenzas ou permisos para garantir un servizo de calidade, nomeadamente en servizos coma pediatría, xinecoloxía ou matrona

Pediremos igualmente que se substitúa aos profesionais do PAC nas súas ausencias, evitando que teñan que asumir as consultas os demais profesionais da quenda coa conseguinte carga de traballo, nomeadamente en servizos con usuarias hipercualificadas como urxencias psiquiátricas

Ler novas