auga
NOVAS
Pediremos no Pleno completar a rede de saneamento e eliminar os vertidos

Pediremos no Pleno completar a rede de saneamento e eliminar os vertidos

O BNG pedirá tamén no Pleno que o concello inste á Xunta de Galiza á elaboración dun informe sobre a calidade da auga da Ría de Betanzos, a situación do saneamento e os puntos de vertidos así como dun cronograma das actuacións previstas pola Consellería de Medio ambiente para solucionar estas deficiencias e á creación da Mesa da Ría de Betanzos

Ler nova
NOVAS
Pedimos prazos para solucionar a mala calidade da auga da traída tras recoller novas queixas veciñais

Pedimos prazos para solucionar a mala calidade da auga da traída tras recoller novas queixas veciñais

“Pensamos que a Xunta debe facer público un cronograma cos prazos máximos para mellorar a acometida da auga e que o goberno local ten que compensar á veciñanza na súa taxa de traída de auga polos continuos episodios de turbidez que impiden utilizar a auga da traída”

“Levamos anos pedindo que se estude a posibilidade de remunicipalizar o servizo da auga, que acumular moitísimas queixas veciñais pola mala calidade do mesmo, e subidas continuas das taxas”

Ler nova
NOVAS
Propoñeremos no Pleno a creación dunha “mesa da ría” para facer seguimento da calidade da auga

Propoñeremos no Pleno a creación dunha “mesa da ría” para facer seguimento da calidade da auga

O nacionalista lembra que o PP ven votando en contra da emenda que todos os anos o BNG presenta aos orzamentos da Xunta para destinar un millón de euros á rexeneración da ría.

O BNG propoñerá no Pleno a creación dunha “mesa da ría” na que se integren colectivos medioambientais, confrarías, representantes dos concellos e dos diferentes grupos políticos que integran as corporacións e técnicos de medio ambiente, na mesma liña da aprobada a proposta do BNG hai case un ano sen que se teña levado até o momento adiante ningún tipo de actuación

Ler nova
NOVAS
Pedimos que se analice a auga das fontes tradicionais

Pedimos que se analice a auga das fontes tradicionais

As analíticas permitirían, “coñecer, cando menos orientativamente, que bebe, ou, chegado o caso, recomendar que non se empregase a auga de algunha fonte para consumo humano” e mesmo axudar a concienciar contra verquidos

Ler nova
NOVAS
Pedimos que o Concello deixe de sulfatar herbicidas a carón das fontes

Pedimos que o Concello deixe de sulfatar herbicidas a carón das fontes

“Non se pode andar alardeando turisticamente de sermos unha Reserva da Biosfera e logo botar produtos químicos a carón de fontes públicas con tanta lixeireza”

“Este tipo de prácticas que o goberno local ven repetindo de cando en vez van en contra do que a Directiva Marco da Auga exixe””

Ler nova