Urxe actuar xa no SAF para atallar a desatención das usuarias

En ningún momento a concelleira de servizos sociais e agora alcaldesa, María Barral, tivo a determinación de acabar con esta situación de abuso sobre persoas indefensas. O PSOE xogou a mover papeis de sitio durante dous anos- exactamente igual que fixera coa ORA, para menter outra situación de abuso, facendo ver como que facía algo.
Urxe actuar xa no SAF para atallar a desatención das usuarias
IMG_1663
IMG_1663

En xullo de 2015 o PSOE acordaba adxudicar o servizo de axuda no fogar (SAF) á empresa Tu Mayor Amigo. Era a segunda vez que optaba pola privatización deste servizo asistencial. Naquel momento expresamos publicamente o noso temor a que, ao contratar o servizo cunha rebaixa importante no prezo, a calidade da prestación se resentise por buscar ofertas baratas nas empresas.

O PSOE dedicouse anos a unha constante fuxida cara adiante. Negando a realidade, mesmo dicindo que todo funcionaba de cine. A pesar de todas as evidencias que lle presentamos pleno tras pleno durante dous anos. 

Lamentabelmente o tempo deunos a razón e os nosos peores temores de 2015 fixéronse realidade. En outubro de 2017 denunciamos as deficiencias no SAF que, ao final, supoñen unha atención deficiente ás persoas usuarias. Que son, convén non perder de vista, boa parte das persoas máis vulnerábeis da nosa veciñanza: persoas dependentes que precisan axuda para facer as cousas de casa, persoas de avanzada idade que non se puideron levantar da cama varios días porque a empresa non enviou unha auxiliar ao seu domicilio, familias que contaban con que chegara unha auxiliar para facer o xantar cun maior sentado á mesa e aproveitar para baixar ao super.... Non son ficción, son as nosas veciñas, isto sucedeu este mes de agosto ao outro lado da túa escaleira.

E mentres isto acontecía, o PSOE dedicouse anos a unha constante fuxida cara adiante. Negando a realidade, dicindo que cada vez que denunciabamos unha persoa sen atender mentiamos. Asegurando que non había queixas no Concello malia saír familiares até nos medios de comunicación denunciando o mal servizo que recibían. Anunciando sancións e expedientes que a ningún lado foron. Mesmo dicindo que todo funcionaba de cine. A pesar de todas as evidencias que lle presentamos pleno tras pleno durante dous anos. 

No BNG témolo claro: levamos propoñendo anos que se rescinda o contrato e que o Concello xestione directamente o SAF

En ningún momento a concelleira de servizos sociais e agora alcaldesa, María Barral, tivo a determinación de acabar con esta situación de abuso sobre persoas indefensas. O PSOE xogou a mover papeis de sitio durante dous anos- exactamente igual que fixera coa ORA, para menter outra situación de abuso, facendo ver como que facía algo. Todo o pretextou en prolixos informes técnicos e trámites complexísimos que impedían facer nada- exactamente igual que para manter todas as irregularidades do Complejo San Roque. 

Non é tempo xa de palabrería, de prometer sancións. O goberno local ten que actuar. María Barral ten que demostrar con feitos do lado de quen está: das persoas usuarias do servizo, que padecen unha situación denigrante que se dá periodicamente, ou dunha empresa á que segue favorecendo ao non actuar. 

No BNG témolo claro: levamos propoñendo anos que se rescinda o contrato, que esta empresa sexa penalizada para que non faga máis o que está a facer aquí.


Artigo publicado orixinalmente no xornal Betanzos e a súa comarca no seu número do mes de setembro de 2019