O día 6 de abril non vale chorar!

A década de Feijóo non só foi unha oportunidade perdida, foi un paso atrás. Peores servizos públicos que hai dez anos. Peor comunicados que hai unha década. Os salarios e pensións máis baixas. Estragouse o sector agrogandeiro, cun potencial que podía facer punteira a nosa comarca.

O día 6 de abril non vale chorar!

O centro de saúde do Carregal quedou novamente sen pediatría polas tardes e cada vez que falta persoal médico- por vacacións, baixas ou permisos- quedamos sen atención, porque Feijóo decidiu non repoñer as baixas.

 Ao CEIP Vales Villamarín cambiáronlle aínda o pasado ano unha parte da uralita orixinal dos 70 e das vellas fiestras de madeira. Queda outro tanto. Mentres as nosas crianzas padecen un edificio antigo e mal illado. O novo aulario, de apenas seis anos, ve como ciclicamente aulas ou comedor sofren pingueiras mentres o PP na Xunta e o PSOE no concello están mais ocupados en botar culpas que en buscar solucións.
O IES Francisco Aguiar cambiou ventás cando sobraban doutro instituto do país, reaproveitadas. Ten humidades en aulas, filtracións, falta de espazos. A Xunta só deu marcha atrás en retirar docentes do IES As Mariñas tras a reacción da comunidade escolar e a nosa denuncia no Parlamento.

O PP leva desde 2011 para declarar Ben de Interese Cultural o Pasatempo. Aínda non dispuxo de cartos, a pesar de promesas de campaña e acordos no Parlamento, para rehabilitalo. Mentres segue a caer.

A ría tiña que estar completamente saneada en 2015, segundo a lexislación europea. En pleno 2020 non o está nin hai previsión de pechar o saneamento en todos os concellos para que a ría poida ampliar a súa capacidade produtiva ao deixar a contaminación no pasado
Levamos 10 anos sen centro de día público en Betanzos a pesar de Feijóo prometer que o teriamos cando acabase o seu primeiro mandato presidencial. Está rematando o terceiro. Coa aplicación da Lei de dependencia paralizada, e coa Lei contra violencia machista sen fondos para facela efectiva.

Peores servizos públicos que hai dez anos. Peor comunicados que hai unha década. Os salarios e pensións máis baixas. Estragouse o sector agrogandeiro, cun potencial que podía facer punteira a nosa comarca.

A década de Feijóo non só foi unha oportunidade perdida, foi un paso atrás.
As galegas precisamos un cambio real para empezar a construír unha Galiza máis xusta, con oportunidades, con benestar social, con igualdade e na que poder vivir e traballar. No BNG, con Ana Pontón, temos un proxecto serio e solvente e unido. Demostramos alí onde gobernamos que somos capaces de transformar en positivo para mellorar a vida das persoas. E con este aval imos pedir a confianza das galegas o cinco de abril. Para non chorar o seis!