Grupo municipal

Henrique del Río Otero, concelleiro- portavoz. Betanzos, 1982. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, cursou tamén un Mestrado en Administración Local e é ten senllos diplomas universitarios como especialista en Práctica Local e Urbanismo e Ordenación do Territorio, todos eles da Universidade de Santiago de Compostela.

contacto: email      Twitter

 Asignación a grupo municipal e indemnizacións

O 30 de xuño de 2015 o Pleno do Concello acordou a asignación a grupos políticos e indemnizacións por asistencias a órganos do Concello dos distintos integrantes da Corporación. O acordo está publicado no BOP do 5 de agosto.

Como resultado dese acordo, o grupo municipal do BNG percibe 800 euros ao mes para o traballo político como representantes veciñais. Esta é a información no web municipal.

Do cumprimento dese acordo, e dado que o grupo municipal do BNG está na oposición e só asiste ao Pleno- as comisións non teñen indemnización-, o edil do BNG ingresa 235 euros por cada Pleno ordinario (un ao mes) e 58,75 euros por cada Pleno extraordinario (aproximadamente un ou dous ao ano, variábel). conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente polo concelleiro do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.

Declaración de bens e intereses

Os bens e intereses do grupo municipal do BNG están publicados no web oficial do Concello de Betanzos. Nesta ligazón podes consultar a declaración de bens e intereses de Henrique del Río Otero (páxina 61 e seguintes).

Actuación institucional

Os acordos de organización do Pleno do Concello de Betanzos conceden a cada grupo político a posibilidade de presentar até tres mocións e cinco preguntas en cada sesión ordinaria (celébranse adoito o último martes de cada mes). Un acordo posterior da xunta de portavoces deixou en 2 as mocións por grupo e Pleno, podendo presentarse tres excepcionalmente.

Neste enlace podes escoitar as gravacións das sesións plenarias, que emite en directo Radio Betanzos (107.9 FM). Se o prefires, podes ler as actas dos plenos desta lexislatura.