Volta ás aulas e conciliación

As familias e a sociedade necesitamos que os gobernos comecen a tomar en serio a cuestión da conciliación e asuman que os coidados non poden recaer exclusivamente nas mulleres.

Volta ás aulas e conciliación
A escola infantil municipal
A escola infantil municipal

Chega setembro, tradicionalmente o mes da volta á rutina, á normalidade e á tranquilidade para as familias. Mais a nova normalidade truncou tamén isto e setembro estase a converter nun quebradeiro de cabeza máis.
A volta ás escolas, lonxe de implicar unha axuda á conciliciación, está a significar un auténtico problema.

Porque si, as escolas hai moito tempo que deixaron de ser simplemente lugares de ensino e aprendizaxe para se converter en axentes de socialización e nun dos piares da conciliación da vida familiar e laboral. As familias precisan, precisamos, das escolas e dos servizos asociados a elas para desenvolver a nosa vida laboral con tranquilidade, nomeadamente as mulleres, que somos as que principalmente nos ocupamos dos coidados dos fillos e fillas.

No momento de escribirmos estas liñas, a Xunta de Galiza segue sen modificar un protocolo que marca o retorno ás clases sen ter claro que alumnado debe levar máscara, con distancias de menos de un metro real entre a rapazada e que se basea en que o estudantado estará “mirando na mesma dirección e sen interactuar”. No caso se Betanzos, o Concello segue sen precisar as medidas que se van adoptar no servizo de limpeza e nos servizos de mañanceiros e comedor (uns servizos que son de competencia municipal).

As familias e a sociedade necesitamos que os gobernos comecen a tomar en serio a cuestión da conciliación e asuman que os coidados non poden recaer exclusivamente nas mulleres.

 

Por non saber, as familias betanceiras non saben se as súas pequenas foron admitidas nestes servizos: o curso pasado o Concello avisou a tarde anterior ao comezo do curso de que as pequenas foran admitidas ao comedor (nada dicían do servizo de aula matinal), co transtorno que isto ocasiona para a planificiación da vida familiar.

Por outro lado, a Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente tamén sofre desta incerteza na planificación. Contando con catro espazos para clases e con persoal para atendelas, o Concello decide unificar a aula de 2-3 anos, creando así un grupo masificado onde debería haber dúas unidades. É dicir, creando un problema onde non debería habelo.

Igualmente, suprímise a quenda de tarde ao considerar que non hai solicitudes, pois catro familias betanceiras que pediron este servizo non se consideran suficientes.

As familias e a sociedade necesitamos que os gobernos comecen a tomar en serio a cuestión da conciliación e asuman que os coidados non poden recaer exclusivamente nas mulleres.


Artigo publicado orixinalmente no xornal "Betanzos e a súa comarca" na súa edición de setembro de 2020.
 

Volta ás aulas e conciliación