Trasladamos de novo ao Pleno a problemática de contaminación ambiental e tratamento de residuos asociada á empresa Tafiber

Un acto do BNG no local social de Infesta

As nacionalistas solicitarán na súa moción que o Pleno inste á empresa Betanzos HB ao cumprimento da normativa en materia de tratamento de residuos e que se persoe nas causas abertas contra a empresa para poder coñecer e informar á veciñanza dos riscos para a saúde destes vertidos e emisións.

Ademais pedirán ao concello que inste á Xunta, competente en materia medio ambiental que actúe para esixir á empresa Betanzos HB o cumprimento da normativa en tratamento de residuos e das normas sobre emisión.

Betanzos, 13 de decembro de 2017. O BNG trasladará de novo ao Pleno a problemática de contaminación ambiental e tratamento de residuos asociada á empresa Tafiber, despois de que o goberno local evitara debater a súa proposta de moción unitaria no Pleno do pasado mes.

As nacionalistas solicitarán na súa moción que o Pleno inste á empresa Betanzos HB ao cumprimento da normativa en materia de tratamento de residuos e que se persoe nas causas abertas contra a empresa para poder coñecer e informar á veciñanza dos riscos para a saúde destes vertidos e emisións.

Ademais pedirán ao concello que inste á Xunta, competente en materia medio ambiental que actúe para esixir á empresa Betanzos HB o cumprimento da normativa en tratamento de residuos e das normas sobre emisión.

“O goberno no Pleno do pasado mes non permitiu que se debatera a nosa proposta de moción unitaria pero na achega que nos fixeron no Pleno evitaban asumir ningún tipo de responsabilidade nin actuación con respecto aos vertidos e emisión de Tafiber, limitándose a esixir á Xunta que investigue”, indicou o portavoz nacionalista Henrique del Río.

“Betanzos HB tivo unha achega de fondos públicos de 129 312,36 euros para baixar as emisións de CO2, como reflicten as contas do pasado ano. O mesmo documento do Rexistro Mercantil evidencia que a factoría non investiu nada en I+D+i precisamente o ano en que presentou un novidoso produto ao abeiro do programa Agrobiotech da Xunta de Galiza”, engadiu del Río.

“As queixas veciñais e as causas abertas a esta empresa por presuntos delitos medio ambientais sucédense sen que, polo momento, transcendese que a Xunta nin o concello de Betanzos teñan tomado medida ningunha para por solución a esta situación”, concluíu o portavoz nacionalista. 