Suxerimos destinar o POS+ a garantir a seguridade e impedir que se siga deteriorando o Pasatempo

Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio
Xosé Regueira, voceiro do BNG na Deputación, e Henrique del Río atenden as explicacións de Amigos do Pasatempo sobre o deterioro do parque

“Cremos que é urxente poñerse a traballar no tema, ir máis alá de solicitar reunións porque hai actuacións que non poden seguir agardando e é fundamental garantir a seguridade de veciñas e visitantes ademais da conservación do propio parque”

Suxerimos destinar o POS+ a garantir a seguridade e impedir que se siga deteriorando o Pasatempo

“Cremos que é urxente poñerse a traballar no tema, ir máis alá de solicitar reunións porque hai actuacións que non poden seguir agardando e é fundamental garantir a seguridade de veciñas e visitantes ademais da conservación do propio parque”

Betanzos, 31 de outubro de 2017. O BNG manifestou a súa preocupación diante do desprendemento dun novo elemento do Pasatempo, neste caso unha parte da illa do Estanque do Retiro, denunciado pola Asociación de Amigos do Pasatempo. “Integrantes da asociación amosáronnos hai dúas semanas o estado do templete e realmente é preocupante a cantidade de fendas e desperfectos que ten”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Por este motivo, desde o BNG urxen ao goberno local a actuar xa sobre o parque para frear o deterioro. “Sabemos que a Deputación está disposta a financiar unha parte dos traballos, como anunciou o voceiro do noso grupo na Deputación, Xosé Regueira, nunha visita ao Pasatempo” explicou o edil nacionalista. “Está ben contar cunha achega adicional da Deputación para rehabilitar o parque pero o Concello ten que poñer tamén cartos enriba da mesa”, engadiu.

Neste sentido, desde o BNG indican que “nos orzamentos tan só hai cartos para un estudo técnico, isto é, para contratar un proxecto”. “Pero o Concello ten outros fondos que pode destinar a isto se o goberno quere” explica, “a Betanzos tócanlle 742 143,42 euros do POS+ que a Deputación achega a todos os concellos”. “Se sumamos esta contía á cantidade anunciada pola Deputación e aos cartos para o proxecto que hai no orzamento, xa se pode facer un investimento potente para frear o deterioro do Pasatempo” asegura Del Río.

“Tan só hai que priorizar: deixar o pavimentado de camiños para facer con fondos municipais e destinar o POS+ a unha inversión estratéxica para Betanzos como rehabilitar o Pasatempo” explica. “Cremos que é urxente poñerse a traballar no tema, ir máis alá de solicitar reunións porque hai actuacións que non poden seguir agardando e é fundamental garantir a seguridade de veciñas e visitantes ademais da conservación do propio parque” explica.

Suxerimos destinar o POS+ a garantir a seguridade e impedir que se siga deteriorando o Pasatempo