Del Río dille ao PP “que deixe de ver conspiracións e traballen para mellorar a vida dos veciños”

O voceiro do BNG intervén nun acto público

“Os veciños e as veciñas saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral, ou xustificar unha moción de censura”.

Del Río dille ao PP “que deixe de ver conspiracións e traballen para mellorar a vida dos veciños”

“Os veciños e as veciñas saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral, ou xustificar unha moción de censura”.

Betanzos, 29 de decembro de 2011. O BNG recordou ao PP que en Betanzos hai tres grupos na oposición, PP, CxB e BNG, e un goberno en minoría do PSOE. “De CxB, que favoreceu tamén a investidura do actual alcalde e non fixo oposición desde a investidura, non insinúan pactos co PSOE”, resume o voceiro nacionalista, Henrique del Río, “será porque CxB ten tratos con eles como tivo no pasado”.

Con respecto á aprobación da ordenanza de limpeza, os nacionalistas aseguran que “o PSOE creu que podía tomar ao BNG por parvo”. Del Río insiste en que o goberno do PSOE non quixo evitar a entrada en vigor da ordenanza de PP e CxB e só fixo “unha manobra cara a galería para poñer unha vela a deus e outra ao demo”.

“Se gobernasen connosco como di o PP non terían necesidade de facer chiscos, como sostén a dereita”, aclara.
O BNG descoñece en que condicións pode estar facendo a limpeza de grafittis o goberno do PSOE. En todo caso, os nacionalistas non presentaron ningunha iniciativa neste sentido no presente mandato. “Se tanto preocupa o tema ao PP que presenten unha pregunta no Pleno” suxire Del Río.

Como xa apuntou en diferentes ocasións, o portavoz municipal do BNG asegura que “os veciños e as veciñas saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral, ou xustificar unha moción de censura”. Neste sentido, recomenda á dereita “que deixe de ver conspiracións e traballen para mellorar a vida dos veciños”.

Del Río dille ao PP “que deixe de ver conspiracións e traballen para mellorar a vida dos veciños”