“DEFENDEMOS TRANSFORMALA NUN CENTRO VECIÑAL E SOCIOCULTURAL, DADAS AS CARENCIAS DO CASCO HISTÓRICO NESTE EIDO”

Propomos expropiar a Casa Gótica para que acolla equipamentos socioculturais no Casco Histórico

BNG-BETANZOS; VISITA ANA PONTON.20-maio-2019...................................PRESENTACION CANDIDATURA;...................................20-ABRIL-2019................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................17-marzo-2019
Amelia Sánchez. Henrique del Río e Ana Pontón no Casco Histórico. Foto ARUME

“Se non queren dar a perigosa lección de que tirar ás bravas o patrimonio histórico sae gratis teñen que reabrir o procedemento sancionador antes de que as infraccións prescriban”

Propomos expropiar a Casa Gótica para que acolla equipamentos socioculturais no Casco Histórico

“Defendemos transformala nun centro veciñal e sociocultural, dadas as carencias do Casco Histórico neste eido”

“Se non queren dar a perigosa lección de que tirar ás bravas o patrimonio histórico sae gratis teñen que reabrir o procedemento sancionador antes de que as infraccións prescriban”

Betanzos. 18 de outubro de 2019. O BNG propoñerá no Pleno que o Concello expropie e reconstrúa a Casa Gótica para ubicar nela equipamentos socioculturais para a veciñanza do Casco Histórico. As nacionalistas recordan que van xa once anos da demolición irregular da que era a vivenda máis antiga de Betanzos.

“O PSOE prometía expropiala, pero en canto recuperou o goberno desdíxose da palabra dada e leva dúas lexislaturas mudando constantemente de parecer e sen facer nada efectivo para recuperar o patrimonio das betanceiras”, indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “Canto fixo neste asunto foron varias multas coercitivas que fracasaron na pretensión de que o propietario, que tirou o edificio de maneira irregular, reconstruíse a Casa Gótica”, relatan.

“Por máis que temos preguntado pola folla de ruta do Concello neste tema e por máis que solicitamos ao goberno local que marque condicións e prazos para darlle solución ao tema da Casa Gótica, toda resposta se limita a esconder as prioridades políticas detrás dos funcionarios municipais, apelando a informes e papeis, como se fosen os técnicos quen teñen que decidir que facer”, lamenta.

“Desde o BNG defendemos hai lustros hai lustros a necesidade de que a Casa Gótica pase a formar parte do patrimonio municipal para garantir a súa conservación” recorda Del Río. “Defendemos transformala nun centro veciñal e sociocultural, dadas as carencias do Casco Histórico neste eido” abunda. “E xa lle tendimos varias veces a man ao goberno local para facelo, maniféstandolle o noso apoio no caso de que optase por expropiala” explica o portavoz municipal do BNG.

“Só é cuestión de axustar as prioridades de gasto do Concello, que ten máis de 9,5 millóns de euros de orzamento” explica Del Río. “Decidir se nos compensa máis ás betanceiras fundir 94 000 euros en publicidade e propaganda, como fixeron o ano pasado, ou axustar o gasto para recuperar unha das xoias do noso patrimonio histórico suprimindo gastos prescindíbeis”, explica.

Retomar o procedemento sancionatorio

 

As nacionalistas denuncian, ademais, que tanto o goberno local como a Xunta paralizaron os procedementos sancionatorios abertos contra o propietario por tirar a Casa Gótica sen licenza. “Dicían que durante o proceso xudicial non podían impoñer unha sanción administrativa, pero o certo é que o xuízo acabou e non a retomaron”. “Se non queren dar a perigosa lección de que tirar ás bravas o patrimonio histórico sae gratis teñen que reabrir o procedemento sancionador antes de que as infraccións prescriban”, abunda.

Propomos expropiar a Casa Gótica para que acolla equipamentos socioculturais no Casco Histórico