Preguntamo o goberno pola cesión das vivendas do IGVS no Casco Histórico á veciñanza da Ribeira afectada polas inundacións

Del Río: “A veciñanza do barrio da Ribeira que leva anos a sufrir estas inundacións quere saber se hai algo detrás destes anuncios ou se terán que seguir convivindo coas enchentes nas súas vivendas”

“Segundo a proposta de orzamentos xerais do Estado do Partido Popular non hai un só euro para paliar as inundacións no barrio da ribeira, problema que parece claro que depende do Estado e que o Estado anunciara hai décadas que contaba cun proxecto para solventar. Este proxecto nunca chegou a facerse público nin moito menos a executarse”.

Betanzos, 9 de abril de 2018. O BNG preguntou no Pleno ao goberno se hai algunha xestión sobre a cesión das vivendas do IGVS no Casco Histórico á veciñanza da Ribeira afectada polas inundacións ou se se trata de simple publicidade. “Hai uns días o goberno local anunciaba nos medios de comunicación unhas xestións coa Xunta para ceder as vivendas do IGVS no Casco Histórico a veciñanza da Ribeira afectada polas enchentes”, explicou o portavoz do BNG Henrique del Río, quen engadiu que hai veciños e veciñas que se teñen dirixido ao seu grupo interesándose pola situación en que se encontra esta cesión anunciada publicamente polo goberno local nos medios.

“Hai algunha xestión en firme ou limitárono a unha nota de prensa e unha carta? Fixaron algún tipo de criterios na liña do que anunciaron? En caso negativo, son conscientes de que están a xerar unhas expectativas na veciñanza que non están en disposición de lles garantir?”, cuestionou o portavoz nacionalista. “A veciñanza do barrio da Ribeira que leva anos a sufrir estas inundacións quere saber se hai algo detrás destes anuncios ou se terán que seguir convivindo coas enchentes nas súas vivendas”, engadiu Del Río.

Sen investimento na proposta de orzamentos do Estado

“Segundo a proposta de orzamentos xerais do Estado do Partido Popular non hai un só euro para paliar as inundacións no barrio da ribeira, problema que parece claro que depende do Estado e que o Estado anunciara hai décadas que contaba cun proxecto para solventar. Este proxecto nunca chegou a facerse público nin moito menos a executarse”, criticou Del Río.

“Levamos anos reclamando que as administracións se fagan cargo desta problemática, avalíen as propostas que poidan existir para por fin a esta situación ou para paliala cando menos e desde logo o que nos parece inadmisíbel son os continuos anuncios nos medios sen que se acompañen de ningunha actuación concreta nin reserva nos orzamentos”, concluíu o portavoz nacionalista.

Preguntamo o goberno pola cesión das vivendas do IGVS no Casco Histórico á veciñanza da Ribeira afectada polas inundacións