O PP rexeita a emenda do BNG para ampliar os fondos da Xunta para a rehabilitación do Casco Histórico

Presentación do proxecto para o Casco Histórico do BNG
Del Río presenta o proxecto do BNG para o Casco Histórico

“O PP castigou a Betanzos catro anos sen orzamentos polo que non ten lexitimidade para falar dos orzamentos municipais de Betanzos”

O PP rexeita a emenda do BNG para ampliar os fondos da Xunta para a rehabilitación do Casco Histórico

“O PP castigou a Betanzos catro anos sen orzamentos polo que non ten lexitimidade para falar dos orzamentos municipais de Betanzos”

Betanzos, 21 de decembro de 2011. O BNG lamentou que o PP votase en contra das emendas aos orzamentos da Xunta para dotar de fondos a rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos. “Queda demostrado que en maio o PP fartouse de vender fume electoralista e que á hora da verdade, o interese do PP polo Casco Histórico de Betanzos é nulo” asegurou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, que novamente criticou por “escasa, ridícula e insuficiente” a partida de 3000 euros para rehabilitar as casas que a Xunta comprou no Casco Histórico.

“O Partido Popular fartouse de tomarlle o pelo á xente en maio” aseguran os nacionalistas. Neste sentido, recordan que “o PP castigou a Betanzos catro anos sen orzamentos, e polo tanto sen investimentos propios”, e que esta “irresponsabilidade” afectou tamén á inversión no Casco Histórico. “O Partido Popular non ten lexitimidade para falar dos orzamentos municipais de Betanzos”, advirten os nacionalistas.

“O deterioro do Casco Histórico é un asunto que preocupa aos veciños” asegura o voceiro nacionalista, que cre que “a xente non entenderá como a Xunta do PP esquece a mantenta o seu compromiso de maio”. Desde o BNG aseguran que estes son os problemas reais de Betanzos “e non os baúis veroneses ou as macetas piramidais polas que chora o PP”. Neste sentido, portavoz municipal do BNG considera “ridículo” que con estes asuntos o PP pretenda lexitimar unha moción de censura, como insinuou hoxe na prensa a concelleira do PP María Faraldo.

O BNG asegura que non admite leccións de oposición por parte do PP. Os nacionalistas lembran que destacados militantes do PP atacaron ao BNG cando destapou a intención de construír unha gasolineira a carón do colexio e que “a contestación social e a determinación do BNG obrigaron ao PP a corrixir a súa postura”. “O PP debería preocuparse de facer unha oposición construtiva como a nosa, non na liña actual de mal perdedor e desde logo non debera preocuparse do que faga o BNG” asegura Henrique del Río.

O PP rexeita a emenda do BNG para ampliar os fondos da Xunta para a rehabilitación do Casco Histórico