O patrimonio ten que ser o motor de Betanzos. É o que nos fai diferentes e o que pode xerar riqueza e benestar.

Temos unha proposta concreta, posíbel e realizábel para recuperar o Pasatempo. Fronte a un goberno local sen ideas que enreda en reunir comisións, facer informes e pedir colaboracións en abstracto nós defendemos actuar xa. Porque temos que estar á altura da veciñanza que está movéndose e do patrimonio que herdamos.

O patrimonio ten que ser o motor de Betanzos. É o que nos fai diferentes e o que pode xerar riqueza e benestar.

O patrimonio ten que ser o motor de Betanzos. É o que nos fai diferentes e o que pode xerar riqueza e benestar.

Ven isto a conta do que sucedeu co enésimo derrubo no Pasatempo. Desde o BNG vimos advertindo desde hai máis de 10 anos do seu alarmante abandono. Todo o investimento realizado nos 4 anos de goberno do PP foron aqueles caixeiros automáticos informativos e a escaleira cravada sobre o Estanque da Gruta, casualmente (ou non) o primeiro desprendemento de entidade do parque, en febreiro de 2017.

temos que estar á altura da veciñanza que está movéndose e do patrimonio que herdamos

Desde que no 2016 o goberno local, esta vez do PSOE, anunciou que tiña un proxecto para rehabilitalo pedimos destinar o POS e os cartos do innecesario paseo do Mandeo a salvar o Pasatempo. Despois o proxecto converteuse en anteproxecto, finalmente en informe e agora descubrimos 2 anos e medio despois que nin sequera se empezou a redactar o proxecto de recuperación do Parque.

Propuxemos un plan de intervención para, entre outras cousas, retirar a estrada e suprimir a pasarela que ameazan a súa estabilidade. Emendamos os orzamentos da Xunta para pedir 750 000 euros para o Pasatempo. Repetímola aínda hai uns días. O PP sempre votou en contra da nosa petición. 

En decembro de 2017 opuxémonos no Pleno a gastar 280 000 euros en amañar a pasarela do Pasatempo, que aprobaron o resto de partidos. 
Alegamos á declaración provisional como BIC para garantir a conservación de elementos do Pasatempo que quedan fóra. Mentres, o goberno local alegou para reducir o seu ámbito de protección. Casualmente, dentro del autoriza a gasolineira da Condesa.

Presentamos hai unhas semanas unha iniciativa no Parlamento galego pedindo que o goberno do PP se comprometa realmente co Parque. 
Na Deputación, as áreas de Cultura, Patrimonio e Cooperación que dirixe o BNG sacaron adiante o convenio para destinar 600 000 € a súa rehabilitación. O goberno local aínda o pediu o pasado 5 de outubro e puxo a súa parte no pleno do 25 de setembro.

Vimos propondo, desde hai lustros, pór en valor o parque, sinalizar roteiros e elementos singulares, musealizar restos, crear un centro de interpretación que explique o que foi e o que quedou do Pasatempo... Temos unha proposta concreta, posíbel e realizábel para recuperar o Pasatempo. Fronte a un goberno local sen ideas que enreda en reunir comisións, facer informes e pedir colaboracións en abstracto nós defendemos actuar xa. Porque temos que estar á altura da veciñanza que está movéndose e do patrimonio que herdamos.

Gobernar é cuestión de prioridades, e no BNG cremos que conservar o noso patrimonio, a nosa oportunidade de futuro, debe ser a prioridade para Betanzos.

O patrimonio ten que ser o motor de Betanzos. É o que nos fai diferentes e o que pode xerar riqueza e benestar.