Imprimir

Levaremos novamente a pleno as carencias de persoal do centro de saúde

bngbetanzos | 29 de agosto de 2019

Amelia Sánchez, Henrique del Río e Ana Pontón en Betanzos. Foto ARUME
Amelia Sánchez, Henrique del Río e Ana Pontón en Betanzos. Foto ARUME

Este verán, recordan desde o BNG, ao non haber servizos de pediatras en Miño os usuarios eran obrigados a buscar atención en Bergondo, cando o servizo en Betanzos estaba sobrepasado por funcionar coa metade de persoal ou a cubrir outras ausencias.

“Co SAF pasou o tempo dos anuncios e as palabras, María Barral ten que demostrar con feitos se está do lado das persoas usuarias do servizo prexudicadas pola actitude da empresa ou se, pola contra, segue poñéndose de perfil para favorecer, coa súa inacción, á empresa”.

Este verán, recordan desde o BNG, ao non haber servizos de pediatras en Miño os usuarios eran obrigados a buscar atención en Bergondo, cando o servizo en Betanzos estaba sobrepasado por funcionar coa metade de persoal ou a cubrir outras ausencias.

“Co SAF pasou o tempo dos anuncios e as palabras, María Barral ten que demostrar con feitos se está do lado das persoas usuarias do servizo prexudicadas pola actitude da empresa ou se, pola contra, segue poñéndose de perfil para favorecer, coa súa inacción, á empresa”.

Betanzos, 28 de agosto de 2019. O BNG levará novamente ao Pleno as carencias de persoal do centro de saúde do Carregal durante os dous últimos meses. “Como cada vez que hai períodos vacacionais, a Xunta négase a cubrir a falta de persoal, condenándonos a un servizo precario ou a ver como citas, revisións e probas son adiadas ou derivadas á Coruña”, explica o voceiro do BNG, Henrique del Río.

Desde o BNG indican que esta situación vense repetindo nos últimos anos “froito dos reiterados recortes orzamentarios do goberno do PP na Xunta”. Explican que esta situación, unida ao deterioro das instalacións, “incide negativamente na calidade da atención, como demostran as queixas continuas que trasladamos aos Plenos e das que nos fixemos eco nos últimos anos”.

“Desde o ano 2012 vimos advertindo dos recortes nos servizos de pediatría, no de matroa, xinecoloxía, saúde mental....” repasa Henrique del Río. “Isto obriga aos restantes médicos a asumir a atención dos pacientes que quedan sen médico ou a derivalos a outros centros de saúde ou hospital na cidade da Coruña, contribuíndo a colapsar os servizos de urxencias con cousas que en principio non terían que acabar aí”, relata.

Este verán, recordan desde o BNG, ao non haber servizos de pediatras en Miño os usuarios eran obrigados a buscar atención en Bergondo, cando o servizo en Betanzos estaba sobrepasado por funcionar coa metade de persoal ou a cubrir outras ausencias. “Esta situación é deplorábel, a Xunta compórtase como se as doenzas entenderan de vacacións e obrígase ás nosas veciñas a unha peregrinaxe polos centros de saúde da comarca” ironiza Del Río.

“Temos dereito a ter un servizo sanitario público de calidade porque, entre outras cousas, estamos pagándoo cos nosos impostos, que se perden en cousas menos necesarias” engade o edil do BNG. “A Xunta ten que cubrir as baixas e vacacións para garantir a calidade do servizo, pero o Concello non pode permitirlle ao goberno galego esta situación nin un minuto máis”, engade. “Por desgraza, non temos constancia de que o goberno local se dirixise á Xunta exixindo que poña fin a esta situación en ningunha das ocasións en que trasladamos o asunto ao Pleno”, lamenta o voceiro nacionalista.

Batería de iniciativas no Parlamento para exixir un servizo de calidade

Desde o BNG anticipan que trasladarán novamente o asunto ao Parlamento para exixir á Xunta que poña fin a esta situación debido aos prexuízos que xenera para as betanceiras e veciñas da comarca das Mariñas.

Rescisión do contrato do servizo de axuda no fogar

O BNG presentará ao pleno outra moción demandando ao goberno local que cumpra cos acordos plenarios relativos á rescisión do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF). Henrique del Río recorda que o Pleno, como órgano de contratación que é, acordou en abril poñer fin ao contrato a causa dos graves incumprimentos rexistrados nos últimos meses.

“O último mes volveron rexistrarse días en que a empresa deixou a varias persoas sen atender, sen que se adoptasen medidas efectivas contra este novo incumprimento” relata Del Río. As nacionalistas advirten de que “pasou o tempo dos anuncios e as palabras, María Barral ten que demostrar con feitos se está do lado das persoas usuarias do servizo prexudicadas pola actitude da empresa ou se, pola contra, segue poñéndose de perfil para favorecer, coa súa inacción, á empresa”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/levaremos-novamente-pleno-carencias-persoal-do-centro-saude/20190829144526003460.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Betanzos

Bloque Nacionalista Galego

Travesía da Torre, nº2, 1º
15300 Betanzos (GALIZA)
Teléfono: +34981776466
Correo: betanzos@bng.gal