Levamos a pleno novamente o malestar da veciñanza de Bellavista, debido á presenza dunha casa en ruínas sobre a parada do bus escolar

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

As nacionalistas advirten que a casa “corre perigo de caer” e recordan que veñen levando o asunto ao Pleno desde hai dous anos “sen que nos conste que se teñan levado a cabo ningunha acción para atallar o problema por parte do goberno local”

Levamos a pleno novamente o malestar da veciñanza de Bellavista, debido á presenza dunha casa en ruínas sobre a parada do bus escolar

As nacionalistas advirten que a casa “corre perigo de caer” e recordan que veñen levando o asunto ao Pleno desde hai dous anos “sen que nos conste que se teñan levado a cabo ningunha acción para atallar o problema por parte do goberno local”

Betanzos, 5 de decembro de 2017. O BNG levou novamente o malestar da veciñanza de Bellavista e a Cruz Verde a Pleno, debido á presenza dunha casa en ruínas sobre a parada do bus escolar. “Ten unhas fendas por toda a fachada ten as fiestras abertas por onde se deposita todo tipo de lixo co problema de salubridade que isto supón” indicou o edil nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas advirten que a casa “corre perigo de caer” e recordan que veñen levando o asunto ao Pleno desde hai dous anos “sen que nos conste que se teñan levado a cabo ningunha acción para atallar o problema por parte do goberno local”. “Toda a resposta que obtivemos, en febreiro de 2015, foi que os servizos técnicos emitirán informes ao respecto”, relata o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Non sabemos se rematarían xa ese traballo, mais o edificio ruinoso en cuestión está peor dous anos despois”, ironiza.

Ante esta situación, as nacionalistas urxiron ao goberno local a tomar medidas para garantir a seguridade das escolares que usan esa parada de autobús e da veciñanza en xeral. “É un cruce moi concorrido, hai un tanatorio nas proximidades e hai moita xente a diario na zona”, advirten. “Era moita hora de facer algo ao respecto”, explican.

Levamos a pleno novamente o malestar da veciñanza de Bellavista, debido á presenza dunha casa en ruínas sobre a parada do bus escolar