Levamos a Pleno o malestar das ANPAs pola cancelación dun programa contra o acoso escolar

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

Segundo as ANPAs, a idea de desenvolver un programa contra o acoso foi asumida pola concelleira de Educación tras a celebración das Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polas ANPAS a pasada primavera. Tería indicado que o Concello apostaría e lideraría a iniciativa. "Desde o verán non teñen noticias da concelleira”.

Levamos a Pleno o malestar das ANPAs pola cancelación dun programa contra o acoso escolar

Segundo as ANPAs, a idea de desenvolver un programa contra o acoso foi asumida pola concelleira de Educación tras a celebración das Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polas ANPAS a pasada primavera. Tería indicado que o Concello apostaría e lideraría a iniciativa. "Desde o verán non teñen noticias da concelleira”.

Betanzos, 4 de abril de 2017. A instancias das ANPAS Brigantium e Carregal, o BNG preguntou no pleno do pasado martes polas xestións realizadas polo goberno local na loita contra o acoso.

“As ANPAS están preocupadas”, afirma Henrique del Río, “porque desde o verán non teñen noticias da concelleira”. Na reunión do verán pasado, as ANPAS entregaron á concelleira un informe sobre a situación do Acoso Escolar no municipio. A concelleira tería manifestado, segundo as ANPAS, a súa disposición a liderar o combate contra o acoso escolar, iniciando as xestións necesarias para declarar Betanzos “concello libre de acoso”, como xa se ten feito en concellos como Fuenlabrada.

Tras estes meses, ante a falta de concreción de medidas por parte do goberno, as asociacións de nais e pais optaron por achegar a súa petición do BNG, que comparte coas ANPAS a preocupación pola inacción do goberno: “Desde o verán poderían terse dado pasos, con independencia do orzamento dispoñíbel, pero todo parece indicar que foron cero os pasos dados, e así nolo fixeron saber as familias”, declaraba o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

O BNG súmase ao requerimento de información das ANPAS e reclama tamén un maior impulso político á loita contra contra o acoso escolar. Para Henrique del Río, a loita contra o acoso escolar non sempre esixe accións cun custe monetario, pero si sempre unha “vontade real” de acabar de atallar o problema. As nacionalistas lembran que o acoso escolar só se pode atallar se se afronta dun xeito global e coordinado por todas as institucións.

“Sen dúbida, é moi positivo que o goberno local apoie financeiramente as Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polas ANPAS, pero é lamentábel que logo non demostre esa sensibilidade nin desde logo o interese, á hora de enfrentar o problema do acoso en colaboración coas ANPAS, profesionais e o resto da Corporación. A loita contra o acoso escolar debera ser unha prioridade”, denunciaba Henrique del Río.

Por outro lado, o BNG facía explícito que o goberno local non se puxo en contacto con eles para discutir ningún plan de acción contra o acoso: “O descoñecemento da iniciativa contra o acoso por parte do resto dos axentes implicados (resto de partidos políticos, Dirección dos Centros Educativos, Asociacións, etc.) só se entende pola absoluta insensibilidade e desidia por parte das persoas encargadas de liderar este tema.”

Para as nacionalistas, non se trataría dun problema económico, senón “como sempre, dunha falta de impulso e de vontade política”. O portavoz nacionalista reclamou daquela, en nome das ANPAS Brigantium e Carregal, máis iniciativa ao goberno local na loita contra o acoso escolar e recordou que a vontade de solucionar esta lacra, en todo o caso, “non pode medirse en euros”.

Levamos a Pleno o malestar das ANPAs pola cancelación dun programa contra o acoso escolar