Levamos ao Pleno as queixas veciñais polo incumprimento da ordenanza da piscina e o polideportivo

Del Río: “A veciñanza trasládanos as súas queixas porque para participar en determinadas actividades do complexo deportivo do Carregal- como aerobic ou pilates- a concesionaria exíxelles estar aboados”

Desde o BNG recordaron que antes de que se producira o cambio na empresa concesionaria pediron no Pleno que se estudase a opción da xestión directa da piscina e o polideportivo e que foron o único grupo no Pleno que apoiou esta proposta

Betanzos, 11 de novembro de 2016. O BNG trasladou ao Pleno as queixas da veciñanza polo incumprimento da ordenanza da piscina e o polideportivo municipal por parte da nova empresa concesionaria.  “A veciñanza trasládanos as súas queixas porque para participar en determinadas actividades do complexo deportivo do Carregal- como aerobic ou pilates- a concesionaria exíxelles estar aboados”, indicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río. “A ordenanza fiscal actualmente en vigor prevé a posibilidade de acceder a estes servizos sen facerse abonado”. 

Desde o BNG instaron ao goberno a que faga que a empresa concesionaria cumpra a ordenanza actualmente en vigor. “Non sabemos se o goberno local ten coñecemento dos incumprimentos da nova concesionaria nin que ten pensado facer para garantir que a empresa cumpra o contrato e a ordenanza”. 

Apostamos por estudar a remunicipalización do servizo

Desde o BNG recordaron que antes de que se producira o cambio na empresa concesionaria pediron no Pleno que se estudase a opción da xestión directa da piscina e o polideportivo e que foron o único grupo no Pleno que apoiou esta proposta. “Fomos o único grupo que apoiou por pedir un estudo sobre a posibilidade de remunicipalizar este servizo. O resto dos grupos apostaron por unha nova concesión e xa empezamos a recibir as queixas sobre o funcionamento”, concluíu o portavoz nacionalista. 

Levamos ao Pleno as queixas veciñais polo incumprimento da ordenanza da piscina e o polideportivo