Jorquera pide o voto "para quen non se esquece de vós cando chega a Madrid"

jorqueraliceo
jorqueraliceo

Del Río chamou a exercer "o poder do voto" para escoller "aos nosos representantes" para lograr "a presenza determinante dunha forza que realmente nos represente e que consiga solucións para os nosos problemas". 

Jorquera pide o voto "para quen non se esquece de vós cando chega a Madrid"

Del Río chamou a exercer "o poder do voto" para escoller "aos nosos representantes" para lograr "a presenza determinante dunha forza que realmente nos represente e que consiga solucións para os nosos problemas". 

Betanzos, 6 de novembro de 2011. O BNG celebrou esta noite na Aula de Cultura do Liceo o mitin central da campaña das eleccións xerais. No acto participaron os voceiros do BNG en Coirós e Betanzos, Pura Ferreño e Henrique del Río respectivamente, así como o candidato ao Senado Antón Sánchez e o cabeza de lista para o Congreso Francisco Jorquera. Na súa intervención, Henrique del Río repasou as iniciativas que o BNG levou ao Congreso en defensa dos intereses de Betanzos - peche da oficina de Correos, traslado do cuartel da Guardia Civil, seguridade viaria nas estradas N-VI e N-651, rexeneración da ría, tren de cercanías...

"Nin PSOE nin PP se preocuparon por estas cuestións en Madrid" indicou o voceiro nacionalista no Concello, que intuíu que "deben crer que estes problemas cotiás son cousa pequena e non lles prestan atención" e concluíu que "Galiza precisa do BNG nas Cortes para defender os intereses dos galegos, os intereses dos betanceiros". Por este motivo chamou a un voto masivo para o BNG, porque "de nada  serve  exteriorizar un malestar se non se participa para propiciar que mude este estado de cousas". Del Río chamou a exercer "o poder do voto" para escoller "aos nosos representantes" para lograr "a presenza determinante dunha forza que realmente nos represente e que consiga solucións para os nosos problemas".

Pola súa parte, Francisco Jorquera puxo en valor o labor do BNG porque “Galiza estivo presente no Congreso e no Senado através da voz dos nacionalistas galegos”. Un traballo que o BNG vai continuar desenvolvendo pero “para iso necesitamos o voso apoio, necesitamos que nos reforcedes e respaldedes a nosa alternativa”.
Ademáis da defensa de Galiza e dos seus intereses, o BNG tamén levou ao Congreso a necesidade de establecer políticas ao servizo das persoas e non da banca. Demostrou con argumentos que “máis recortes é igual a máis paro e máis crise, tal e como están a demostrar os últimos dados sobre desemprego”. Neste sentido, salientou que o BNG sempre “dixo que se precisaban máis investimentos públicos, máis Estado de Benestar, conclusión que algúns aínda acaban de descubrir”.

Jorquera pide o voto "para quen non se esquece de vós cando chega a Madrid"