ADQUIRIR, REHABILITAR, MUSEALIZAR E ACOLLER EQUIPAMENTOS SOCIOCULTURAIS, A PROPOSTA DO BNG

Insistimos na necesidade de adoptar medidas de calado xa para evitar a desaparición da Fábrica da Luz

Vista da cuberta da Fábrica da Luz
Vista da cuberta da Fábrica da Luz

Advirten que “hai unhas semanas produciuse o desprendemento doutro pedazo da cuberta da Fábrica da Luz”.

Insistimos na necesidade de adoptar medidas de calado xa para evitar a desaparición da Fábrica da Luz

Advirten que “hai unhas semanas produciuse o desprendemento doutro pedazo da cuberta da Fábrica da Luz”.

Adquirir, rehabilitar, musealizar e acoller equipamentos socioculturais, a proposta do BNG

Betanzos. 29 de novembro de 2019. O BNG levou novamente a Pleno a degradación da Fábrica da Luz para urxir ao goberno local que tome medidas para evitar a súa desaparición. “Até onde sabemos é un monumento protexido” ironizou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, para cuestionar que “non se ven por ningún lado as medidas que anunciara o PSOE en abril prometendo que evitaría a súa caída definitiva”.

Segundo o portavoz municipal do BNG, “hai unhas semanas produciuse o desprendemento doutro pedazo da cuberta da Fábrica da Luz”. A este feito veu sumarse que “tras os traballos realizados na finca quedou o portalón aberto, de maneira que agora calquera pode entrar, con canto isto implica” tanto para a seguridade das persoas como para a conservación do monumento.

Del Río recordou que a propia María Barral asegurou, o pasado mes de abril, que non ía “tolerar que a situación continúe igual” e que adoptarían “as medidas que teña na súa man para que a empresa propietaria do inmoble realice o que os técnicos consideran que debe executar para garantir a seguridade, estabilidade e protección da edificación”. “Semella que a palabra da alcaldesa quedou alí, porque máis nada fixeron neste asunto”, ironiza o portavoz do BNG.

“A división inmobiliaria de Naturgy está decidida a botar abaixo este edificio que é patrimonio de todas as betanceiras, e sinceramente cremos que ten que ser algo que non lle pode saír gratis a Naturgy”, abundan as nacionalistas. Desde o BNG recordan que a empresa leva dos contratos eléctricos do Concello de Betanzos en torno a 800 000 euros ao ano, segundo as contas xerais. "Pedimos que o Concello mude de provedor, que a eléctrica acuse na súa conta de beneficios a consecuencia de querer deixarnos sen un edificio único no país coma este", detalla.

Adquirir, rehabilitar, musealizar e acoller equipamentos socioculturais, a proposta do BNG

 

"Cada día que pasa sen adoptarse decisións de calado, estase permitindo que se bote un pouco abaixo a Fábrica da Luz" engade o portavoz municipal do BNG, que insiste en que "temos instado mesmo a adquirir a finca por calquera das modalidades previstas no ordenamento".

As nacionalistas demandan ao goberno local que “adopte todas as medidas necesarias para evitar que perdamos para sempre este edificio do patrimonio de toda a cidade”. "Nós temos claro que a Fábrica da Luz é un lugar inmellorábel para acoller actividades culturais, veciñais e poñer en valor a historia e o que supuxo a Fábrica da Luz para Betanzos", engade. "E agotaremos todas as posibilidades para que o edificio pase a propiedade pública para facer isto realidade", conclúen.

Insistimos na necesidade de adoptar medidas de calado xa para evitar a desaparición da Fábrica da Luz