Se hai que perdoar impostos, será a quen o precise!

Se hai que perdoar impostos, será a quen o precise!

O goberno local do PSOE pretende levar adiante unha amnistía fiscal na praza do Campo. O PSOE pretende facer ver que 頑superprogre’ perdoar as taxas do mes de agosto aos negocios de hostalaría do Campo.

A dispensa ten dúas partes: unha, a de desculpar os ingresos das terrazas que están habitualmente autorizadas- as que están calquera mes da primavera, por exemplo- supoñería que o Concello perdoe a 9 negocios privados pagar máis de 7000 euros pola ocupación da vía pública para facer negocio. A outra é máis grave: é desculpar as mesas adicionais que durante o mes de agosto e outros momentos do verán (Feira Franca Medieval, fins de semana...) estes establecementos colocan e que o Concello, nin co PP nin co PSOE, cobrou nos últimos anos. A cantidade total sobrepasa os 10 000 euros.

Con esta medida estamos subvencionando con máis de 10 000 euros a 9 particulares para que fagan negocio en lugar de procurar atender os intereses de todas e todos. Cando ademais o Concello vai gastar arredor de 80 000 euros en espectáculos das festas no Campo- sumando só o custo das orquestras, do globo e dos fogos artificiais, co cal a cantidade será realmente aínda maior.

Perdoar impostos así é a política da dereita, o verdadeiramente progresista sería desculpar impostos a quen realmente o precisa e buscar políticas para beneficiar aos máis desfavorecidos. Se o Concello vai desculpar parte dos tributos a alguén, terá que ser a quen realmente o precisa, que non son precisamente estes negocios. Non se pode invocar a crise económica para subvencionar con 10 000 euros aos bares do Campo cando o PSOE subiu a auga á veciñanza, cando subiron as taxas das actividades deportivas e cando quixeron atracar á veciñanza subindo 50 euros as taxas da escola infantil de San Francisco. Se hai que perdoar impostos, será a quen non pode pagalos, porque educir os ingresos significa ter menos cartos para servizos para quen realmente o precisa.

O PSOE conta co apoio do PP para levar adiante esta amnistía fiscal e seguir beneficiando con cartos de todas e todos para que uns poucos saquen beneficio deles. PP e PSOE, co silenzo cómplice de CxB, benefician a uns negocios privados que fan o agosto grazas ao investimento de cartos de todas e todos nunhas festas centradas exclusivamente na praza do Campo.

O BNG recurrirá esta amnistía fiscal.

Asina contra a amnistía fiscal aquí.

Se queres recorrer esta inxustiza podes usar este modelo.

Novas relacionadas:

O BNG oponse á “amnistía fiscal” de PSOE e PP para os bares do Campo

Amnistía fiscal: a crise coma excusa para facer políticas de dereitas

Del Río: “quen cambia habitualmente de criterio nas terrazas e noutros temas é o PSOE”

Debate plenario sobre a amnistía fiscal

Se hai que perdoar impostos, será a quen o precise!