Emendamos os orzamentos da Xunta para que haxa fondos para intervir no Pasatempo

Xosé Luís Rivas "Mini", con Henrique del Río, na concentración do Pasatempo. Imaxe de La Opinión
Xosé Luís Rivas "Mini" con Henrique del Río, na concentración do Pasatempo. Imaxe de La Opinión

“Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que van aceptar esta emenda para acometer os traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”.

“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”

Emendamos os orzamentos da Xunta para que haxa fondos para intervir no Pasatempo

“Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que van aceptar esta emenda para acometer os traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”.

“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”

Betanzos 10 de novembro de 2018. O BNG alegrouse do anuncio da Xunta de actuar para evitar o derrubo da illa do Estanque do Retiro, despois da presión do grupo nacionalista. “Celebramos que por fin a Xunta asuma un compromiso en firme sobre o Pasatempo a raíz do acordo aprobado a pasada semana no Pleno do Parlamento e empecen a poñer por escrito que van facer”, celebra o voceiro do BNG, Henrique del Río.

O nacionalista recorda que “nos orzamentos da Xunta para 2019 non se prevé un só euro para actuar no Pasatempo, como non se prevía tampouco no de 2018”. O ano pasado o PP votou en contra dunha emenda das nacionalistas para destinar 750 000 euros á rehabilitación do parque enciclopédico. “Agardamos que este ano, á vista do acordo que alcanzamos no Parlamento a pasada semana o PP non volva votar en contra da nosa emenda para poñer cartos para esta actuación”, explica Del Río. “Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que a van aceptar para acometer estes traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”, engade.

“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”, engadiu. “O BNG fixo o que estaba da súa man xa en marzo, ao aprobar os cartos desde a Deputación, semella que agora, aínda que tarde, o resto comeza a se mover tamén”, celebra.

“Celebramos que Patrimonio vaia actuar, segundo anuncian hoxe a través dos medios de comunicación”, explicou o voceiro do BNG.  “O goberno local ten que contratar xa o proxecto, non pode seguir tratando de gañar tempo sen cumprir coas súas obrigas, ten que estar á altura dunha cidade como Betanzos”, insiste. “Porque a día de hoxe segue sen haber ningún procedemento de contratación aberto para ter ese proxecto o Concello”, explica.

“Sempre dixemos que a coordinación do Concello con Deputación e Xunta é o que pode poñerlle solución á situación do parque” explica o edil nacionalista, “e que a competencia entre os diferentes grupos, nomeadamente o PSOE no Concello e o PP na Xunta, non era o camiño, e demóstrase na situación que o parque ten e nunha lexislatura para o Pasatempo” explica. “Cremos que a coordinación das tres administracións é clave para o futuro do parque e, como defendimos sempre, hai que implicar á veciñanza para garantir o porvir do patrimonio, porque non se apreza o que se descoñece”, explica.

Emendamos os orzamentos da Xunta para que haxa fondos para intervir no Pasatempo